Un simposio aborda en Vigo as cuestións que afectan á investigación en Humanidades

10 horas, cinco poñentes e sobre a mesa os principais asuntos que afectan ás persoas dedicadas á investigación humanística. É o I Simposio de Investigación en Estudos Literarios e Culturais, SIELC, que ata esta tarde se desenvolverá na sala multimedia da Biblioteca Central do campus de Vigo, organizado polo Grupo de investigación Elicin (Elyce-Literacine) do Departamento de Literatura Española e Teoría da Literatura co obxectivo, explica a investigadora Rocío Hernández “de responder á necesidade de que os novos investigadores acaden unha formación útil para desenvolver a súa carreira investigadora, xa sexa no plano académica ou no independente. Deste xeito realizamos actividades de información sobre aspectos formais, burocráticos e metodolóxicos da carreira investigadora”. Alumnado de doutoramento de disciplinas afíns aos estudos literarios e culturais, así como estudantado de mestrado e grao, conforman a maior parte do públicos asistente a este simposio, que tamén conta coa participación de docentes e investigadores e investigadoras da Facultade de Filoloxía e Tradución.

O simposio comezou cunha sesión centrada na carreira científica na que o investigador principal do grupo Elicin, Manuel Ángel Candelas, abordou cuestións como os grupos e equipos de investigación, os proxectos ou a transferencia de coñecemento. Pola súa banda, Rocío Henández centrouse nas publicacións e bases de datos, mentres que as tamén investigadoras Gabriela Rivera e Carmen Luna ocúpanse en cadansúa intervención das axudas, bolsas e convocatorias e da internacionalización, calidade e interdisciplinariedade.

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11452&Itemid=2

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.