Fibra óptica no casco vello de Santiago co proxecto de Amtega e o Concello

En sete meses chegará a conexión de alta capacidade e a iniciativa poderá estenderse a outras zonas históricas galegas no futuro

A fibra óptica chegará á rúa do Franco este verán e á totalidade do conxunto histórico compostelán nun prazo estimado de sete meses, segundo as previsións do plan de despregamento que o operador Orange presentou hoxe á directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, ao alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; e a directora xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo, María del Carmen Martínez.

Estas institucións veñen colaborando nos últimos meses para facilitar o despregamento de redes de telecomunicacións nesta zona especialmente protexida coa elaboración dun catálogo de solucións técnicas e o posterior lanzamento dunha consulta pública a operadores. O proceso rematou coas propostas de R, Telefónica e Orange, operador que solicitou a licenza municipal a semana pasada.

Publicidade

A comisión asesora de patrimonio do casco histórico informou hoxe favorablemente a proposta de despregamento para todo o ámbito da cidade histórica e o proxecto concreto para a rúa do Franco. Deste xeito continuará a tramitación administrativa da licenza, co que o operador espera poder iniciar o despregamento este verán nesta rúa para continuar progresivamente en todo o conxunto histórico nun prazo aproximado de sete meses.

O alcance desta iniciativa abrangue todo o ámbito do Plan Especial de Santiago, non só a améndoa do casco histórico. O proxecto contempla tamén que se compartan as infraestruturas, o que permitirá a outros operadores poder dar servizo no conxunto histórico utilizando as redes de Orange.

Publicidade

Para a extensión da fibra o operador empregará caixas de baixo impacto nas fachadas e tamén as canalizacións existentes. Son solucións acordadas durante o proceso de consulta aberta a operadores lanzado a finais do pasado ano por parte da Amtega, o Concello e a Consellería de Cultura e Turismo que se fraguaron tomando como punto de partida o Catálogo de Solucións Técnicas aprobado o pasado verán polo Goberno galego.

Este catálogo foi  elaborado pola Amtega, o operador público Retegal e a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para abordar unha problemática presente en toda a Unión Europea para a que ata agora non se ofrecera ningunha solución.

Para a elaboración desta guía partiuse do caso concreto de Santiago de Compostela e en colaboración co Concello, co Consorcio de Santiago e cun equipo multidisciplinar (integrado por arquitectos, enxeñeiros de telecomunicación e técnicos proxectistas especializados en despregamentos de fibra óptica), fixéronse unha serie de propostas viables para outros conxuntos históricos. O camiño que agora emprende Santiago poderá ser seguido polos cascos vellos doutras cidades galegas no futuro.

O operador empregará caixas de baixo impacto nas fachadas para o despregamento da fibra e aproveitará as canalizacións existentes

Amtega apunta ademais que grazas aos plans da Xunta e do Estado estanse a realizar despregues de fibra con subvencións públicas en 9.000 núcleos de poboación de 310 concellos. Estas actuacións permitirán que este mesmo ano o 80 por cento dos galegos teñan cobertura da internet de 100Mbps a través de redes fixas, unha porcentaxe que chegará ao 90 por cento no 2021 e que se pode ampliar con convocatorias de subvención a operadores que aínda están pendentes.

Ademais da extensión da fibra en núcleos de poboación, os plans da Xunta e do Estado permitiron dotar a tódolos centros públicos educativos de primaria e secundaria e á práctica totalidade dos xulgados con internet de 100Mbps ou máis e que o 93 por cento da superficie empresarial ocupada dispoña desta conexión ultrarrápida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Xunta lanza unha iniciativa para modernizar a Administración con tecnoloxías disruptivas

A iniciativa solucionará as necesidades do sector público con IA, datos e 5G para mellorar os servizos e a relación coa cidadanía

Da saúde á loita contra os incendios: estas son as máis de 20 iniciativas con uso de IA da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica anuncia dez proxectos en fase de produción, e o resto en desenvolvemento, pilotaxe ou proba

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía

A revolución intelixente da Xustiza galega: o Plan Senda 2028 propón un sistema máis inclusivo

O Goberno galego aproba unha estratexia que introduce a intelixencia artificial no sistema xudicial, ten unha xestión bilingüe co programa Atenea e dota de ferramentas tecnolóxicas ás 268 oficinas municipais