Navega por internet como se fose 1990

O CERN rende homenaxe ao 30 aniversario da creación de Tim Berners Lee cunha recreación do primeiro navegador da historia

Hai agora 30 anos, en marzo de 1989, un enxeñeiro chamado Tim Berners-Lee cambiou a historia nun despacho do Consello Europeo para a Investación Nuclear (CERN), entre Francia e Suíza. Desenvolveu unha proposta, xunto ao seu compañeiro Robert Cailliau, e elaborou un documento titulado “Information Management: A Proposal”. Aquel documento, que tiña por obxectivo facilitar que se compartiran as investigacións entre os científicos do CERN, fixo posible un dos maiores avances que coñeceu a humanidade: a rede informática mundial, ou world wide web.

Co gallo do 30º aniversario daquel fito, os responsables do organismo decidiron render homenaxe á idea cunha ‘reconstrución’ do primeiro navegador da historia. Un grupo de programadores e deseñadores reuníronse no CERN para facer posible novo aquel navegador orixinal dentro dun navegador de 2019, de xeito que os usuarios poden explorar as orixes da tecnoloxía que cambiou o mundo.

Publicidade

Podes probalo, e consultar toda a información, no portal CERN 2019 WorldWideWeb Rebuild.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia participa no rexistro dos primeiros datos do detector CODEX-beta do CERN

Equipos da UDC e o IGFAE da USC toman parte no desenvolvemento do proxecto, que se centra no estudo das ‘partículas de vida longa’ e a detección de 'sectores escuros'

A física do CERN Mar Capeáns, galardoada coa Medalla Castelao 2026

A investigadora publicou máis de 500 artigos científicos e participa na avaliación de programas de física de partículas a nivel internacional e da Comisión Europea

Galicia aspira a construír un prototipo para o futuro colisionador de partículas do CERN

O IGFAE coordinaría a iniciativa xunto á colaboración da Xunta e do CDTI nunha acción estratéxica para a I+D+i na comunidade

Galicia consolídase na elite da física mundial: “Queremos facer un descubrimento relevante”

O IGFAE participará na análise de datos de colisións e na mellora do 'software' do experimento do CERN para optimizar a detección de fenómenos pouco coñecidos