Xoves 5 Marzo 2026

UVigo e USC impulsan un máster conxunto sobre drones

O Aeródromo de Rozas acolleu este mércores o acto de presentación do Mestrado Oficial Interuniversitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados, un máster que impartirán o vindeiro curso académico as universidades de Vigo e Santiago de Compostela, concretamente a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo.

O acto contou coa asistencia de Arno Formella, director da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo; Higinio González, coordinador do mestrado por parte da Universidade de Vigo; Tomás Cuesta, director da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría; Mª Luz Gil, coordinadora do mestrado por parte da Universidade de Santiago de Compostela; Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación, e Neves Seoane, responsable do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas. Higinio González e Mª Luz Gil foron os encargados de presentar un mestrado centrado nos comunmente denominados drones, un sector en auxe no que en España traballan na actualidade 21 fabricantes e máis de 3000 empresas operadoras.

Publicidade

Haberá dúas especialidades: aplicacións na xestión dos recursos da terra e enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados

Trátase, recalcaron os seus coordinadores, dun máster singular en Galicia e no noroeste peninsular. “O sector necesita profesionais cualificados para o deseño, fabricación, certificación, operación e mantemento deste tipo de sistemas. Ademais Galicia está realizando unha aposta estratéxica crucial para o desenvolvemento do sector que xunta programas como a Civil UAVs Initiative ou o desenvolvemento do Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia”, destacou Higinio González. “O novo posgrao xurde en resposta á demanda existente no mercado e desenvólvese en parello ao despegue que está a experimentar este sector do eido da aeronáutica”, engadiu Gil Docampo.

O Mestrado en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados é un posgrao oficial de carácter presencial que está estruturado en 60 créditos ECTS e que se imparte ao longo dun curso académico. O posgrao, de marcada orientación profesional, arrancará no curso 2018/2019 cun límite de 24 prazas, considerándose o perfil de ingreso recomendado calquera grao en enxeñaría ou física. O mestrado contará con dúas especialidades, unha de aplicación na xestión dos recursos da terra, liderada pola Universidade de Santiago de Compostela, e outra de enxeñaría de sistemas aéreos non tripulados, liderada pola Universidade de Vigo. O alumnado matriculado no mestrado poderá seguir as distintas sesións formativas que se celebren de xeito presencial ou ben a través de videoconferencia en función do campus universitario no que se atope.

Publicidade

Prácticas

Haberá prácticas obrigatorias de dous meses para todo o alumnado en empresas, centros de investigación e centros tecnolóxicos, sendo xa máis de 30 as entidades que apoian a posta en marcha deste programa oficial de posgrao. O prezo do Máster pode variar dun curso a outro, xa que os prezos son establecidos pola Xunta de Galicia, estimándose un custo aproximado de 1.950 euros tendo en conta as tarifas do curso 2017/2018.

Durante o acto, a directora da Axencia Galega de Innovación explicou a posta en marcha da Iniciativa Civil UAVs así como o impulso que está a dar a administración autonómica ao Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, e a directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas explicou asemade o proceso de creación deste centro e os seus cometidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A biotecnoloxía galega lanza a súa ofensiva en BioSpain para captar investimento

A feira que se celebra en Barcelona estima bater o récord da última edición, que contou con case 1.000 empresas e máis de 2.200 profesionais

Galicia impulsa unha nova era dixital coa combinación de ‘edge computing’ e 5G

Investigadores da Universidade de Vigo están a desenvolver edgeContinuum, unha plataforma pioneira, financiada a través do programa Ignicia da Xunta de Galicia, para optimizar custos e mellorar o control sobre os datos

Proxecto GOTIS: así é o fármaco galego que pode reducir as lesións do ictus isquémico

Un equipo do IDIS, apoiado polo plan Ignicia da Xunta, entra na fase preclínica para protexer ás neuronas dunha posible obstrución

MytUniSex impulsa as liñas unisex que marcarán o futuro do mexillón galego

O proxecto da Universidade de Vigo, beneficiario do programa Ignicia da Xunta, permite producir semente en laboratorio e escoller exemplares máis atractivos para o mercado a través da selección xenética natural