Máis de 4.000 explotacións galegas usan xa os servizos da Plataforma Dixital Agroforestal da Xunta

É un ecosistema tecnolóxico que xestiona a información e datos de interese para as actividades agrícolas e forestais

Mais de 4.000 explotacións de Galicia están xa a utilizar servizos integrados na Plataforma Dixital Agroforestal (PDAGRO), desenvolvida a través dun proxecto de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Os traballos iniciáronse en marzo de 2024 e prolongaranse ata xuño de 2027, cun orzamento de 5,4 millóns de euros, financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Programa FEDER Galicia 2021-2027.  

PDAGRO é un ecosistema tecnolóxico que xestiona a información e datos de interese para as actividades agrícolas e forestais, e proporciona utilidades a agricultores, gandeiros, silvicultores e técnicos da Administración.  O sistema contará con diferentes módulos, entre os que se atopan a ferramenta de Xestión de Explotacións Agrarias (XEAGA); o sistema de xestión e rexistro das explotacións agrarias; o sistema de xestión de solicitudes de incorporación ao banco de explotacións; a xestión integral do viñedo de Galicia; así como os diferentes sistemas de información xeográfica asociados.  

Publicidade

Entre as utilidades que xa están dispoñibles atópase a posibilidade de cubrir e xestionar o caderno de explotación dixital no que se rexistran actuacións, como as tarefas de fertilización, tratamentos fitosanitarios e prácticas gandeiras.  

Tamén é posible utilizar xa o calendario agrícola, que inclúe todo tipo de información de interese; así como a xestión de documentación e un sistema de comunicación polo que a Administración pode notificar alertas ou enviar avisos personalizados (por SMS ou correo electrónico) a cada explotación ou grupo de explotacións.

Publicidade

A Plataforma permite, así mesmo, iniciar diversos procedementos administrativos grazas á súa integración coa  Sede Electrónica da Xunta ou cos portais sectoriais, como é o caso da Oficina Virtual de Gandaría. O obxectivo a medio prazo é que este espazo actúe como unha xanela única para as persoas e empresas que se dedican a estas actividades do sector agroforestal.  

Aplicacións web e móbil

Todas as funcionalidades están concentradas nunha aplicación web na que cada explotación ten o seu espazo, ao que accede identificándose de forma segura. Existe tamén unha aplicación móbil que integra funcionalidades como a xeolocalización, o rexistro de actividades no terreo, a predición meteorolóxica e alertas adaptadas a cada explotación en tempo real.  

A existencia de mecanismos técnicos (como APIs) para conectar diferentes aplicacións facilitan a comunicación da Plataforma con sistemas de terceiros, por exemplo, para o traslado da información ao Sistema de Información de Explotacións do Estado (SIEX), ou aos sistemas que se empregan para a xestión a nivel autonómico das axudas da política agraria común.  

O modelo está preparado para acoller todo tipo de utilidades que empregan tecnoloxías como a intelixencia artificial. Neste sentido, destaca a integración con plataformas asesoras en fertilización; e a realización de análises preditivas con estimacións de aparición de enfermidades, estimación de colleitas, períodos idóneos para a aplicación de produtos fitosanitarios ou períodos idóneos para a aplicación de fertilizantes. Tamén está previsto que acolla un módulo de soporte á toma de decisións no ámbito do viñedo.  

Un módulo avanzado (MODCPA) permite acceder e usar información externa á Plataforma, como imaxes, algoritmos, datos de dispositivos e sensores de Internet das cousas (IoT), meteoroloxía, etc. Ademais das aplicacións destinadas aos responsables das explotacións, a Plataforma proporciona utilidades aos técnicos da Xunta de Galicia que traballan no ámbito agroforestal, en tarefas como as inspeccións, a toma de decisións, a definición de políticas agrarias, a automatización e a simplificación de tarefas administrativas ou o fomento da comunicación coa cidadanía.  

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A recuperación da avea moura, o cultivo de orixe galega que desapareceu dos campos

Un proxecto de Misión Biolóxica de Galicia explora o potencial da especie tradicional con enfoque comercial para usos gastronómicos e cosméticos

A Xunta declara a situación de seca prolongada nos sistemas do Ulla-Tambre e no da Costa Norte

A falta de precipitacións reduce os recursos hídricos e eleva a vixilancia en 74 concellos, mantendo a alerta nas concas do Lérez e do Anllóns

A Xunta insta á empresa responsable da represa do río Umia a corrixir as deficiencias detectadas

As inspeccións detectaron filtracións que afectan o correcto funcionamento da infraestrutura e do paso previsto para os peixes migratorios

Do ‘vermicompost’ ao uso de ozono: un estudo da USC avalía o impacto ambiental de alternativas agrícolas

A tese de Sara Lago evidencia que determinadas prácticas sostibles non sempre presentan un mellor desempeño cando son analizadas de maneira integral