Investigadores da Coruña crean un mapa para seguir día a día a epidemia

O equipo está traballando para incluír modelos preditivos que permitan utilizar a plataforma como punto de unión de múltiples investigacións

O investigador do CiTIC da Universidade da Coruña Carlos Fernández Lozano puxo en marcha unha páxina web que permite seguir día a día a evolución da doenza Covid-19 en España. Segundo explican desde o CITIC idea xurdiu a partir do traballo realizado polo investigador Rubén Fernández Casal, que comezou a compilar os datos do Ministerio de Sanidad relativos aos contaxios polo coronavirus SARS-CoV-2. A iniciativa conta co respaldo do comité de expertos da “Acción Matemática contra o Coronavirus” do Comité Español de Matemáticas (CEMat), a través do seu presidente Ricardo Cao, tamén investigador do CITIC, que ten o obxectivo de axudar ao Goberno a atopar solucións ante a crise sanitaria.

O investigador do CiTIC da Universidade da Coruña Carlos Fernández Lozano. Foto: CITIC.
O investigador do CiTIC da Universidade da Coruña Carlos Fernández Lozano. Foto: CITIC.

A páxina web permite consultar un mapa cos datos relativos ao número de casos confirmados por comunidades autónomas nas últimas semanas, así como os pacientes recuperados e os falecementos. O investigador das áreas de Intelixencia Artificial e de Ciencia e Enxeñaría de Datos do CITIC e profesor da Facultade de Informática da UDC, Carlos Fernández Lozano, apunta que a idea é “introducir máis datos relacionados con ingresos en UCI, incidencia, número de hospitalizacións, etc., e incluír modelos preditivos para utilizar a plataforma como punto de unión de múltiples investigacións”. Deste xeito, o site permitirá aportar máis claridade sobre a evolución da pandemia en España.

Publicidade

Así, o investigador do CITIC Rubén Fernández Casal encárgase da descarga de datos e procesado desde orixe, mentres que Carlos Fernández Lozano creou a ferramenta a partir do procesamento destes datos. Tamén están traballando para mellorar o rendemento e a capacidade de carga do sistema.

Evolución de casos nas CCAA con poboación semellante a Galicia.
Evolución de casos nas CCAA con poboación semellante a Galicia.

Segundo explican os investigadores da UDC, o obxectivo foi desenvolver un sistema de visualización da información a través de ferramentas como Shiny e R. Todos os datos e as ferramentas son abertos e están a disposición de quen desexe usalos no propio portal.

Publicidade

Todos os detalles, no web do CiTIC dedicado ao seguimento da Covid-19.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia impulsa unha infraestrutura cuántica pioneira ao servizo da investigación

O CITIC obtén unha axuda de 1,04 millóns de euros que financiarán proxectos con impacto nos ámbitos da saúde, a industria ou a ciberseguridade

Pódcast | Do sangue á lava: ciencia para predicir fluídos

A matemática e investigadora do CITIC María González Taboada participa no novo episodio de O Descodificador

Pódcast | Como coidar o planeta con algoritmos verdes

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso e Bertha Guijarro analizan os custos ambientais dos grandes modelos de intelixencia artificial

Pódcast | Industria intelixente: como construír a fábrica do futuro

O investigador do CITIC Óscar Fontenla Romero participa nun novo episodio de O Descodificador centrado no proxecto Casandra