Premio internacional de intelixencia artificial para científicos galegos

Un traballo asinado por Alberto Bugarín, Alejandro Ramos e Senén Barro foi recoñecido pola Asociación Internacional para os Sistemas Difusos

A Asociación Internacional para os Sistemas Difusos (IFSA, polas súas siglas en inglés) vén de conceder un dos tres premios internacionais IFSA Journal Best Paper Award a un traballo desenvolvido integramente no CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC), no que os científicos do centro compostelán abordan o papel das descricións lingüísticas de datos na construción de sistemas de xeración de linguaxe natural.

Segundo o investigador Alberto Bugarín, que a pasada semana recollía o premio internacional en Praga, “nesta liña de traballo integramos dúas áreas científicas que, ata hai moi pouco, eran practicamente unhas completas descoñecidas entre si: a comunidade de Intelixencia Computacional e a de Xeración de Linguaxe Natural“.

Publicidade

Precisamente dentro desta última atópase a disciplina Datos a texto (‘Data to text’ ou ‘D2T’), na que os científicos do CiTIUS levan tempo traballando; entre os seus exemplos de aplicación figura a ferramenta GaliWeather: un sistema de ‘tradución automática’ de modelos numéricos a texto que desde hai anos está integrado na páxina web de Meteogalicia, o servizo público de información meteorolóxica da comunidade galega.

Galiweather: adeus ao home do tempo

Os responsables da IFSA (unha federación de asociacións formada por 16 sociedades científicas mundiais do ámbito da intelixencia computacional) concederon o premio en recoñecemento ao desenvolvemento deste traballo para facilitar a interacción entre investigadores en Xeración de Linguaxe Natural e Intelixencia Computacional, moi especialmente no eido da Lóxica Borrosa en sistemas de conversión de datos a texto.

Publicidade

O tema foi tamén obxecto principal de estudo na tese do primeiro autor do artigo, Alejandro Ramos, que recibiu tamén numerosos premios nos últimos anos; entre outros, o Best PhD Award a nivel europeo e o Premio Nacional de Investigación SCIE – Fundación BBVA.

Referencias: On the role of linguistic descriptions of data in the building of natural language generation systems (Publicado en Fuzzy Sets and Systems, Volume 285, 2016).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Usar a IA sen entendela: que consecuencias ten para os estudantes?

Aínda que un 'chatbot' responda con confianza isto non garante a súa veracidade. Por Juan José Lorenzo Castiñeiras, Andrea Fernández-Sánchez e Isabel Fernández-Menor

Por que todos os carteis feitos con IA son iguais?

A intelixencia artificial acelera a estandarización visual ao empregarse os mesmos 'prompts' e ferramentas. Por Iria María Santos López

Unha plataforma desenvolvida en Vigo abre novas vías para a rehabilitación da cognición social con IA

O proxecto ET-Plus, impulsado polo IIS Galicia Sur, personaliza o adestramento de habilidades en persoas con patoloxías mentais graves ou adiccións

O centro galego Gradiant deseña un sistema de IA para verificar contidos audiovisuais e prever fraudes

A plataforma, destinada a empresas e medios de comunicación, recibe un premio internacional no eido da ciberseguridade