GCiencia aposta pola tecnoloxía co relanzamento de Control G en colaboración con atlanTTic

O site prestará atención ás novidades en Internet, dispositivos móbiles, TICs, videoxogos, gadgets e redes sociais

Co obxectivo de incrementar a aposta pola divulgación arredor do mundo da tecnoloxía e as telecomunicacións, GCiencia relanza o microsite ControlG, creado no 2015. Agora, en colaboración con atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, este portal achegarase a un hipersector de crecente importancia na economía e que, no caso de Galicia, da acubillo a un importante número de empresas, creadores e centros de investigación.

Así, ControlG nutrirase con informacións, reportaxes e entrevistas relacionados cun mundo que no ano 2020, marcado pola pandemia da Covid-19, medrou un 1,9% en Galicia ata chegar aos 19.343 traballadores, segundo se desprende dunha enquisa realizada polo  Observatorio da Sociedade da Información e da Modernización de Galicia. A nova realidade derivada da pandemia está a reforzar a aposta do tecido investigador e empresarial pola nova xeración das telecomunicacións. Así se deriva da enquisa anteriormente citada, que constata o aumento do emprego nas empresas de actividades informáticas nun 5,9% respecto a 2019. No subsector das telecomunicacións, o crecemento foi do 1,9% ata un total de 3.300 traballadores.

Publicidade

Os contidos de Control G, unha sección claramente diferenciada do resto de GCiencia, serán elaborados polo equipo de xornalistas que colaboran habitualmente co portal da ciencia galega. Co obxectivo de dar a coñecer o traballo desenvolvido desde atlanTTic, Control G informará sobre a actividade do centro tecnolóxico e consultará cos seus expertos para analizar as informacións máis destacadas no campo da tecnoloxía das telecomunicacións. GCiencia convocará, ademais, eventos abertos en streaming patrocinados por atlanTTic que tratarán asuntos como o 5G, a ciberseguridade e a sociedade da información.

O centro atlanTTic, ubicado no campus vigués, desenvolve a súa actividade científica nos campos da privacidade e seguridade, tecnoloxías multimedia, redes e servizos de datos, bioenxeñaría, radar, comunicacións por satélite e, en xeral, comunicacións radiofónicas e ópticas. Conta con máis de 170 profesionais, realiza actividades intensivas de investigación e transferencia, e participa en varios proxectos H2020, sendo recoñecido con varios premios e recoñecementos polo seu labor. Varios dos seus investigadores tamén son membros distinguidos dalgunhas das academias e sociedades científicas e profesionais máis recoñecidas.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Pint of Science: “É fantástico pasar do contexto pechado da investigación á contorna afable dos bares”

O investigador de atlanTTic Diego Cajaraville dará o 19 de maio ás 19:30 horas unha charla no bar De Catro a Catro de Vigo

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy

GCiencia xa se pode engadir como fonte preferida en Google: como ver máis ciencia galega nas túas buscas

O buscador permite agora que o xornalismo científico de calidade gañe peso fronte aos medios xenéricos nos teus resultados

Fernando Aguado: “A variación do sinal con respecto a Vigo axudará a situar Orion na Artemis II”

O catedrático da Universidade de Vigo cualifica de “soño” a participación do seu equipo no percorrido cara á Lúa na nova misión da NASA