A emoticona dunha boca é o que máis usan os galegos nas súas conversacións de Whatsapp. Así o revela un estudo feito por Tiny Books, unha empresa que trasforma os chats do popular sistema de mensaxería en libro físico.
O peculiar estudo amosa conclusións sorprendentes e unha predilección polas emoticonas –envíamos 31 cada día- difícil de atribuír a condicionantes culturais ou xeográficos. Aragón comparte con Galicia o seu gusto polos beizos, Castela e León decántase por un corazón frechado, os navarros prefiren unha cariña triste e aburrida, os murcianos unha de sorriso tímido, La Rioja chisca un ollo, os cataláns aplauden, os madrileños emulan O berro e no interior, en Castela A Mancha, decántanse por un polbo.
A nivel estatal, a emoticona máis usado é o que envía un bico cun corazón (17%), seguido do que chora da risa (9%) e o corazón vermello (8%). Para extraer estas conclusións, os autores do estudo analizaron máis de 22 millóns de emoticonas enviadas no último ano.
De calquera xeito, os resultados semellan demasiado sorprendentes. O sentido común obriga a dubidar que a emoticona máis usada en Castela A Mancha sexa un polbo. E tamén dos beizos sensuais de Galicia…
GCiencia realiza unha reserva expresa das reproducións e usos das obras e outras prestacións accesibles desde este sitio web a medios de lectura mecánica ou outros medios que resulten adecuados a tal fin de conformidade co artigo 67.3 da Real Decreto - lei 24/2021, do 2 de novembro // Auditado por GFK












