Unha tese de Veterinaria de Lugo achega melloras na saúde animal das granxas porcinas

O estudo e a identificación das principais problemáticas rexistradas na contorna das explotacións industriais do sector porcino, así como nos procedementos de manexo centran a finalidade das investigacións desenvolvidas polo veterinario cambadés Javier Oliveira Álvarez no marco da tese de doutoramento ‘Trastornos sanitarios e produtivos en explotacións porcinas durante o crecemento e ceba: o papel do medio ambiente e do manexo’, que vén de presentar na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo.
A tese realizada por Oliveira Álvarez baixo a dirección dos profesores da USC Eduardo Yus Respaldiza e Javier Guitián está estruturada en cinco investigacións de carácter independente, a través das que este veterinario pretende achegar información de utilididade que sirva de apoio para a toma de decisións en materia de manexo, saúde e produtividade nas explotacións porcinas durante as etapas de crecemento e cebo dos animais.
A información analizada en cada un dos traballos de investigación compilados por Oliveira Álvarez na súa tese de doutoramento foi recollida nas propias explotacións porcinas de carácter industrial, nas que este veterinario realizou un estudo polo miúdo dos principais trastornos que afectan aos porcos, así como da propia contorna de cada unha das granxas de porcino. Este sector gandeiro é relativamente pouco recoñecido en Galicia, pero que cumpre un importante cometido como complemento na articulación socioeconómica das áreas rurais, sinala Javier Oliveira.
A maior parte da produción porcina en Galicia, do mesmo xeito que no resto de España onde se producen uns 3,5 millóns de TM de carne de porco cada ano, orixínase en grandes explotacións de reprodutoras que son capaces de abastecer de leitóns (animais cun peso aproximado dun 20 kg) a granxas onde se ceban os animais ata que acadan un peso aproximado de 100kg. Daquela, cando se fala de sector porcino industrial cómpre referirse a un modelo de produción moi concentrado e intensificado que se caracteriza polo seu enorme dinamismo. Precisamente este dinamismo foi capaz de reducir de forma progresiva os custos de produción das explotacións, incrementar a calidade dos seus produtos e, en consecuencia, redefinir e modernizar un sector para dar resposta e satisfacer uns mercados cada día máis esixentes.
Máis información no seguinte enlace:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_11/noticia_0163.html

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Media Galicia en alerta vermella pola calor: estes son os 117 concellos afectados

A influencia das altas presións producirá que algúns episodios se prolonguen ata cinco días, sobre todo en Ourense, A Coruña e Lugo

▪️ Que é a cúpula de calor? O fenómeno detrás dos récords de temperatura en Galicia en pleno mes de maio

MeteoGalicia establece alertas amarelas por calor na zona do Miño de Ourense e no sur de Lugo, con previsións de ata 36 graos

Un pazo do século XVII nos Ancares entra na Lista Vermella do Patrimonio polo seu grave estado de ruína

A asociación Hispania Nostra incorpora a inmoble tras constatar danos estruturais severos na coberta e no interior

A lucense que agarda un dobre transplante de páncreas e ril e converteu o hospital nun lenzo da súa vida

Monse Fernández publica "Haxa salú!", editado pola Fundación Renal Española, no que relata longas estancias médicas e anécdotas do día a día