Un equipo de Vigo busca solucións para colonizar a Lúa

Xunto con investigadores de Oviedo, realizaron ensaios nas covas volcánicas de Lanzarote pola sús analoxía coas cavidades lunares

Teremos que volver a ser mulleres e homes das cavernas para poder colonizar a Lúa? Esta é a pregunta á que busca resposta a Axencia Espacial Europea (ESA) mediante unha serie de proxectos, entre eles, Antennas for Underground Communications, no que colabora varios equipos das universidade de Vigo e Oviedo e a empresa EOSOL Ingeniería.

Os responsables desta investigación recordan que, actualmente, existe un grande interese por volver á Lúa, pero esta vez para quedar. O problema reside en que a superficie lunar é unha contorna sumamente hostil, con temperaturas que alcanzan os 150 graos de día, 150 graos durante as noites e gran cantidade de radiación solar potencialmente canceríxena. “Atopamos unha posible solución nos tubos de lava lunares, cavidades formadas durante erupcións volcánicas no remoto pasado lunar, que poderían darnos acubillo”, destaca Germán López, investigador do Departamento de Enxeñaría Eléctrica, Electrónica de Computadores e Sistemas da Universidad de Oviedo.

Publicidade

A superficie lunar é unha contorna hostil, pero a solución podería estar nos tubos de lava lunares

O primeiro paso para a súa colonización consiste na exploración robótica do seu interior e aí é onde se enmarca este proxecto financiado pola ESA. O obxectivo é deseñar, fabricar e probar antenas para que os vehículos de exploración, máis coñecidos como rovers pola súa denominación en inglés, se comuniquen dentro das covas e poidan enviar información do seu interior.

Para realizar os ensaios do proxecto elixiuse como localización as covas volcánicas de Lanzarote pola súa analoxía coas covas lunares, tomándose medidas na cova Los Naturalistas e no tubo de lava do volcán de La Corona. “Coas medidas realizadas buscamos validar os modelos físicos desenvoltos polo noso equipo de investigadores. Tanto estes modelos como as medidas realizadas utilizaranse para optimizar o sistema de comunicacións dos futuros robots exploradores”, engade Alejandro Gómez San Juan, investigador de atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo.

9 investigadores da UVigo implicados no proxecto

Participan neste traballo, por parte da Universidade de Vigo, Marcos Arias, Lorena Pérez, Alejandro Gómez, Fernando Aguado, Antonio Pino, Óscar Rubiños, Fermín Navarro, Borja González  e José Vázquez Cabo, todos eles de atlanTTic. Por parte da Universidad de Oviedo o equipo investigador está composto por Susana Loredo, Álvaro Pendás, Germán León, Luis F. Herrán e Miguel Fernández, xunto coas estudantes Sheila Moro e Alba Moro.

Desde o equipo de investigadores, tanto da UVigo como da Universidad de Oviedo, queren agradecer o apoio recibido polo Servizo de Medio Ambiente e La Casa de los Volcanes do Cabildo de Lanzarote, así como á Federación Galega de Espeleoloxía. A maiores tamén desexan facer constar que a opinión aquí expresada non reflicte en modo algún a opinión oficial da ESA.


Podes ler a noticia completa do DUVI na seguinte ligazón.

1 comentario

  1. Sería moi doado empregar eses esforzos e cartos en mellorar o noso planeta e as condicions de vida nel,porque o paso que vamos,e verdade que pronto necesitaremos outro igual pra seguir coas desfeitas dos insaciables

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A tecnoloxía e a perda de valores: somos responsables?

A misión da enxeñaría é resolver problemas e, deste xeito, mellorando a...

Estas son as cinco espectaculares imaxes do universo capturadas polo telescopio Euclid

O observatorio da ESA retrata, nun só día e con gran detalle, cúmulos de galaxias e estrelas e tamén presenta unha decena de artigos científicos

A comunicación cuántica como chave da ciberseguridade do futuro: o proxecto QURSA de atlanTTic

A iniciativa emprega como tecnoloxías de base a QKD e a criptografía avanzada para definir un caso de uso nun escenario con distintas posibilidades

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite