Unha empresa galega lanza area para mascotas feita con cuncha de mexillón

Ecocelta asegura que o seu novo produto ten propiedades especiais para eliminar o cheiro dos excrementos de gato

A empresa galega Ecocelta crea a primeira area para mascotas de toda Europa feita a partir de residuos de cunchas de mexillón. O produto, denominado Arenamar, patentouse en agosto e xa está dispoñible no mercado. A compañía con sede en Ponteareas, tamén acaba de comercializar o primeiro biofertilizante do mundo patentado e con certificado ecolóxico para solos ácidos. O seu nome é Celtacal e tamén está elaborado a partir dos residuos de moluscos.

Destes dous produtos, Arenamar é o último que saíu do laboratorio de Ecocelta. “É unha solución local, unha alternativa sostible á actividade extractiva necesaria para producir este produto” en todo o mundo, destaca Sergio Quiroga, director da empresa, quen engade que xa se comercializa desde inicios deste ano a través de Gadisa. “Estes produtos elaborados a partir dos residuos de moluscos son resultado dunha investigación de cinco anos sobre economía circular para dar solución a un problema ambiental en Galicia”, apunta. Sergio Quiroga augura que “os residuos de cuncha de mexillón poderían agora ser reciclados de forma viable e sostible”.

Publicidade

Sergio Quiroga, director de Ecocelta.

As empresas conserveiras de Galicia xeran ao redor de 90.000 toneladas de cuncha de mexillón cada ano. “O impacto ambiental é evidente se o tratamento destes refugallos naturais non é o correcto”, apunta Sergio Quiroga. Ecocelta, xunto a representantes do sector conserveiro e depuradoras de molusco, iniciou en 2017 un proxecto que serviu para desenvolver o Método Celtacal, un proceso sostible e local de xestión da cuncha de moluscos que contou co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) a través do programa InnovaPeme. Esta investigación permitiu o desenvolvemento dun biofertilizante denominado Celtacal, o primeiro abono orgánico encalante rexistrado no mundo elaborado con cuncha do mexillón como materia prima.

O proceso foi protexido mediante patente en 2019. A comercialización comezou en 2020. O biofertilizante Celtacal está indicado para solos ácidos, dominantes en Galicia, especialmente viñas e horta. Ecocelta, xa en 2021 vende a patente e nace Celtacal SL, compañía que comercializa o produto xunto a Ecocelta.

Publicidade

Leito natural para mascotas

O departamento de I+D+i de Ecocelta, a iniciativa propia e sen apoio externo, continúa adiante co proxecto de economía circular. A inicios de 2022 certificou que un subproducto inorgánico procedente da fabricación do Celtacal é adecuado para substituír a area de sepiolita utilizada como leito hixiénico de mascotas, especialmente gatos. Sergio Quiroga destaca que “o actual consumo de sepiolita, un mineral absorbente base da area para animais domésticos, é a gran escala, de orixe extractiva e non compostable”.

Ecocelta decide seguir investigando e conclúe que este produto ten propiedades especiais para eliminar o cheiro dos excrementos do gato. A compañía decide, ante os resultados do proxecto, deseñar un prototipo de envase e realiza un lanzamento Lean Startup para coñecer a resposta do mercado. En marzo de 2023 lanza o produto, que comercializa na cadea de establecementos de Gadisa. Ecocelta obtén en agosto de 2023 a patente de Arenamar, un leito hixiénico para mascotas totalmente natural que se presenta como unha alternativa local e sostible ás areas para mascotas que se ofertan no mercado.

En España hai rexistrados case seis millóns de gastos. E cada gato consome unha media de 200 quilos anuais de leito hixiénico. “Procesando toda a cuncha de mexillón residual existente en Galicia poderíase producir area para 375.000 gatos”, calcula Sergio Quiroga, quen destaca que “se solucionaría un problema ambiental atendendo só a demanda que xeran o 6,5% dos gastos de todo o territorio español”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

Por que está de moda o magnesio?

Unha inxestión insuficiente do mineral pode asociarse a fatiga, debilidade e alteracións neuromusculares, pero non significa que haxa que suplementarllo a todo o mundo

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

Galicia participa no rexistro dos primeiros datos do detector CODEX-beta do CERN

Equipos da UDC e o IGFAE da USC toman parte no desenvolvemento do proxecto, que se centra no estudo das ‘partículas de vida longa’ e a detección de 'sectores escuros'