Denuncian danos en monumentos megalíticos da Fonsagrada

Dous colectivos sinalan uns traballos forestais como os causantes da deterioración dos xacementos, situados ao carón do Camiño Primitivo

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) e Mariña Patrimonio veñen de presentar ante a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (DXPC) unha denuncia por posibles danos nos monumentos megalíticos das Medorras do Piñeiral (A Fonsagrada, Lugo). Segundo alertan dende ambos colectivos, as estruturas sufriron danos durante a realización duns traballos forestais que tiñan por obxectivo a repoboación da zona. Aseguran que os labores de adaptación do terreo xeraron “surcos de moita profundidade e, en ocasións, de máis dun metro, con varios regos” sobre estes xacementos.

Na denuncia presentada, as dúas asociacións solicitan a Patrimonio que as mámoas volvan ao seu estado orixinal e que impidan a plantación nas súa contorna. Estes dous túmulos megalíticos atópanse ao carón do Camiño Primitivo a Santiago de Compostela e dentro da delimitación do Territorio Histórico deste itinerario, Patrimonio da Humanidade. As mámoas foron descubertas no ano 2021 por membros de Mariña Patrimonio, que solicitaron á DXPC a catalogación e protección das mesmas.

Publicidade

Os megalitos parten do Camiño de Santiago, concretamente do Camiño Primitivo, moi anterior á cidade de Santiago de Compostela. A zona afectada por estas labores encádrase na Fonsagrada (Lugo), nun tramo que está cheo destes xacementos a ambos lados do camiño, coa fin de demarcalos para favorecer á súa visión.

En documentación da DXPC de novembro de 2021 recoñécese a existencia destes dous xacementos inéditos aos que Patrimonio denominou como Medorra do Piñeiral 1 e Medorra do Piñeiral 2, asignándolles as claves de identificación GA27018321 e GA27018322. Na zona da Fonsagrada a estes monumentos chámanselles medorras, e estas estaban situadas ao caron dun piñeiral, o cal cortaron hai pouco tempo; de alí o seu nome.

Publicidade

Segundo defenden dende Adega e Mariña Patriomoni: “A importancia destes megalitos reside na súa antigüidade”. “Son xacementos arqueolóxicos que forman parte do pasado de Galicia e que están protexidos por leis autonómicas, estatais e internacionais”, engaden. Por iso, ambos colectivos solicitan que se investigue se estes labores forestais contan coa preceptiva autorización da Consellería de Cultura, que se avalíe o grao de afectación así coma os danos que sufriron estes bens patrimoniais. Así mesmo, solicitan a reposición das Medorras do Piñeiral ao seu estado anterior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Serra do Laboreiro, un mapa de case 200 megalitos aínda por escavar na fronteira galega con Portugal

Un equipo liderado dende o INCIPIT analiza mediante tecnoloxía LiDAR a distribución de monumentos para comprender o seu papel na organización do territorio

A tala de piñeiros pon en “grave risco” un conxunto de petróglifos en Outeiro de Rei

Dúas asociacións alertan de que a corta de árbores na parroquia de Parada se está a realizar sen medidas de protección patrimonial

Cada vez hai máis xabarís en Galicia: estas son as causas e a súa relación coa peste porcina

Factores como a perda de depredadores e a actividade humana impulsa a sobrepoboación da especie e aumenta o risco sanitario para a produción galega

Case o 11% da Rede Natura de Galicia resultou arrasada polos incendios de agosto

Os datos do sistema europeo Copernicus recopilados por Adega revelan que os lumes queimaron 37.000 hectáreas de espazos protexidos, a maior afección do século