O experto en ciberseguridade David Finn ofrece dúas charlas en Galicia

Ofrecerá unha sesión divulgativa en Santiago o día 20 e outra de carácter máis técnico o día 21 na Facultade de Economía e Empresa da Coruña

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Universidade da Coruña colaboran para traer a Galicia a un dos máximos expertos internacionais en materia de ciberseguridade, o estadounidense David Finn, actualmente director executivo da organización CleanApps.org. O vindeiro 20 de marzo as 12 da mañá no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, acollera o relatorio de Finn Who else can join the data privacy war on the side of consumers? It’s not who you think: Construíndo unha internet limpa e segura”

A xornada abordará a historia de internet e a ciberseguridade, como naceron os problemas co malware e o fraude nas apps e cales son as perspectivas de futuro para afrontar eses problemas. Ao final da charla abrirase unha quenda de preguntas moderada polo catedrático J. Andrés Faíña, do Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento (GCD). Esta actividade está dirixida a un público amplo, incluíndo persoal directivo de empresas, administracións públicas e representantes da sociedade civil, así como do ecosistema da innovación de Galicia.

Publicidade

O relatorio, que se impartirá en inglés con tradución simultánea, está aberto ao público en xeral é de balde pero con aforo limitado polo que é necesaria a inscrición previa na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.gal/ciberseguridade) ou mediante a súa aplicación dispoñible nas plataformas Android e iOS, así como a través do correo electrónico cdtic@xunta.gal

21 de marzo na Coruña

Publicidade

O programa de David Finn en Galicia complétase con outro seminario sobre ciberseguridade, de carácter máis técnico, que se celebrará na Coruña o día 21 de marzo, de 18:30 a 19:45 horas , baixo o titulo “A new approach to cleaning up the internet: and what cybersecurity companies, developers, and non-profit institutions must do to make it happen”. Este seminario está organizado polo Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento (GCD) xunto ca Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo, a Cátedra “Luis Fernández Somoza” para a internacionalización dos estudos de economía e empresa da UDC e a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea en colaboración coa Amtega.

O seminario terá lugar na Facultade de Economía e Empresa do Campus de Elviñae terá prioridad e para asistir o alumnado de doutoramento e dos mestrados de Innovación e Administración de Empresas, así como empresas e especialistas en ciberseguridade.

Sobre David Finn

David Finn é doutor en dereito pola universidade de Harvard e experto en ciberseguridade,  foi fiscal federal na cidade de Nova York e estivo traballando durante 16 anos dirixindo equipos de loita contra o cibercrime en Microsoft. Actualmente, é director executivo  de CleanApps.org, unha organización que promove desenvolvemento responsable de apps, así como  a privacidade e seguridade dos consumidores.

Centro Demostrador TIC

O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor chave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. Así, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A galega Alén Space participa nunha misión europea para reforzar a ciberseguridade dos sistemas espaciais

A posta en órbita do satélite marca o inicio dunha iniciativa pioneira na ESA, para a que a empresa de Nigrán deseñou a plataforma CubeSat 3U

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

Luz verde ao Pacto Dixital entre a Xunta e o sector das TIC para a modernización tecnolóxica de Galicia

A iniciativa impulsada pola Amtega busca abrir novas oportunidades de negocio, reducir a fenda dixital e promover a colaboración no ámbito da tecnoloxía