A UVigo organiza un curso sobre ciberseguridade

A Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo ofrece por segundo ano seu Curso de Introdución á Ciberseguridade. O obxectivo é dotar ao alumnado dunha visión de conxunto dos diferentes aspectos que conforman a ciberseguridade e das saídas profesionais que aporta. O prazo de incrición estará aberto ata o 1 de xuño,  a mesma data na que se iniciará a docencia. As clases serán en horario de tarde os xoves e venres nos que non haxa exames.

O director da escola, Íñigo Cuíñas, explica que o curso está dirixido a persoas tituladas do eido da Telecomunicación ou a Informática e a profesionais interesados en dirixir as súas carreiras profesionais cara o eido da ciberseguridade, “un campo que está crecendo e agardamos que o siga facendo nos vindeiros anos”.

Publicidade

Ao longo das 44 horas de docencia teórica e práctica, os asistentes achegaranse dende unha perspectiva introductoria a este campo e coñeceran o goberno e a arquitectura da seguridade en Internet; as tecnoloxías dispoñibles neste eido; a seguridade en redes, sistemas e software; a lexislación deste campo; aprenderán a xestionar incidentes e a auditar a seguridade dos equipos; e, para rematar, realizarán un caso práctico centrado na xestión da seguridade na Axencia Tributaria.

O curso será impartido por profesionais dedicados á ciberseguridade en empresas galegas o do resto de España, entre elas: R Cable e Telecomunicacións Galicia, Inprosec, DimensionData, Ultreia, Tarlogic Security SL, Incibe (Instituto Nacional de Ciberseguridade-Ministerio de Industria), Risk Advisory IT & Ciber Risk Services, Deloitte, a Axencia Estatal de Administración Tributaria e Security Consulting & Business Development en Accenture.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo mapa guía a valorización de subprodutos da industria agroalimentaria en Galicia e Portugal

A ferramenta, desenvolvida con participación da UVigo, emprega a IA para identificar recursos e detectar novas oportunidades de aproveitamento

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos