Xoves 25 Abril 2024

Conta atrás para o certame estudantil de robots da UVigo

A Escola de Enxeñaría Industrial espera máis de mil participantes de ESO, FP e graos cos seus novos modelos robóticos

competición de robots da Escola de Enxeñaría Industrial, que cada ano desde hai seis congrega centos de estudantes, incorporará este 2020 novidades, tanto na denominación das categorías nas que se desenvolve o concurso, como coa incorporación de novas probas.

“Aínda que a competición mantén a súa esencia, sempre procuramos introducir algunha novidade nas dúas categorías que configuran o concurso e así estrearemos nomes que son propios e non de robots comerciais, de xeito que WAAL-e (para alumnado de ESO e Bacharelato) pasará a ser BE-ROBOT e R2D2 (para estudantado de graos e FP), DeMo-ROBOT”, detalla o director da EE Industrial, Juan Pardo en relación co concurso que se celebrará o 24 de abril a partir das 10.30 da mañá en varias zonas da escola, debido ao elevado número de participantes.

Publicidade

Un dos participantes prepara ao seu robot para a proba.

E é que despois de que máis de 4000 estudantes ESO, Bacharelato, FP e universidade de toda Galicia tomasen parte nas cinco anteriores edicións da competición, este ano agárdanse cifras similares aos dos dous últimos anos, nos que se acadaron os 1000 participantes e os 171 equipos, o tope permitido, determinado polas limitacións físicas da Escola. O prazo para realizar a inscrición na competición remata o 30 de xaneiro.

Xunto ao cambio nas denominacións das categorías de competición, a edición deste ano do concurso introducirá pequenas variacións coas que se pretende estimular ás e aos participantes, “como a de ter que superar cos robots unha pequena rampla ou badén, un velódromo mareante no caso da categoría BE-ROBOT ou unha proba de triplo ensaio con illote”, explica Pardo Froján.

Seis anos espertando o interese das e dos máis novos polas disciplinas STEM

Transcorridos cinco anos desde a celebración da primeira edición do concurso, na que tomaron parte 110 equipos e 500 estudantes, a competición de robots mantén vixente o obxectivo para o que foi creado, “espertar o interese dos rapaces e das rapazas polas disciplinas STEM. Estamos a vivir nun mundo onde a tecnoloxía é unha realidade que está a cambiar os nosos modos de vida e a transformar os empregos do futuro e isto hai que cultivalo desde as bases do concurso, fomentando o interese pola tecnoloxía”, explica o director da EE Industrial.

Ademais de poñer en práctica os seus coñecementos sobre robótica, a organización da competición, aseguran que por riba de todo queren “que as e o rapaces pasen unha xornada onde, ademais de aprender, tamén se divirtan, coñezan outros equipos e vivan unha experiencia que sirva para espertarlle ilusión e paixón por este mundo dos robots”, asegura Pardo Froján, para quen a ilusión coa que participan os estudantes fai que calquera esforzo mereza a pena.

Neste sentido, o director da Escola lembra que a competición mobiliza moita xente, que vai variando segundo as diferente etapas de planificación do concurso. “A verdade é que a loxística é complexa pero, afortunadamente o grao de implicación de todo o persoal da Escola é grande e o noso alumnado colabora de xeito moi activo. Se non fose así, non sería desenvolver o concurso”, afirma o director do centro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos