COM, trinta anos de innovación no mundo da alta tecnoloxía de Telecomunicación

O grupo de investigación integrado en atlanTTic diversificou as súas liñas de actuación para seguir na vangarda

Oscar Rubiños foi un dos fundadores do grupo COM da Uvigo hai 30 anos. Foto: Grupo COM

En 1991 nace en Vigo o Grupo de Investigación de Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas (COM) que dende a súa creación diversificou moito ás súas liñas de actuación, pero sempre coa procura de solucións innovadoras nun sector moi competitivo e no que a innovación permanente é unha ferramenta imprescindible. Ao longo da súa historia o grupo foi consolidando unha traxectoria de prestixio que, entre outros logros, levoulle á creación de dúas spin-off. O grupo COM pertence a atlanTTic, o centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación impulsado pola Universidade de Vigo (UVigo).

COM diversificou as súas liñas de investigación.

Oscar Rubiños, catedrático da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Uvigo e membro do grupo dende a súa fundación, explica que na actualidade o grupo ten dúas liñas de traballo principais aínda que conta tamén con varias ramificacións. Esas liñas son a de Comunicación e Criptografía Cuántica, por unha banda, é a consultaría para a Axencia Espacial Europea, pola outra. Ámbalas dúas ramas están relacionadas e podería chegar a culminar na instalación en Vigo dun Laboratorio de Tecnoloxías Cuánticas con selo da ESA (Axencia Espacial Europea), unha decisión que suporía un gran pulo para o sector en Galicia.

Na súa orixe o grupo dedicouse ao deseño de antenas reflectoras e a o desenvolvemento de software de análise de estruturas electromagnéticas. Posteriormente, aproximadamente no ano 2000, COM comezou a traballar cos radares de seguridade en frecuencias elevadas, un sector que non estaba aínda moi desenvolvido a nivel mundial naqueles momentos, segundo explica Rubiños, e que funciona tanto en barcos como en avións. “Actualmente unha nova xeración de investigadores encárgase desta liña de traballo”, engade.

A liña de traballo do grupo COM que presenta un maior volume de facturación na actualidade é a de “Sistemas 4.0. e Ciberdefensa”

A liña de traballo do grupo COM que presenta un maior volume de facturación na actualidade é a de “Sistemas 4.0. e Ciberdefensa” que, entre outros proxectos, conta cun Sistema de Servizos Integrados para os buques militares fabricados por Navantia e que aposta por unha redución moi significativa do cableado nestas unidades. Navantia e a UVigo presentaron conxuntamente unha solicitude de patente sobre este innovador sistema.

Para ter unha idea da complexidade e amplitude das liñas de investigación do grupo COM basta con sinalar as distintas ramas nas que traballan na actualidade:  Antenas, Biosensing e Nanoplasmonics, Computational Electromagnetics, Teoría da comunicación e Criptografía Cuántica, Eletromagnetical Environment Effects, Radar, Infrarrojos e Guerra Electrónica, Fotónica Integrada, Satélites, Seguridad Civil e Sistemas 4.0 e Ciberdefensa. Como se pode observar a evolución experimentada ao longo de 30 anos polo grupo levouno a diversificar enormemente as súas investigación pero aplicando sempre os mesmos principios de aposta pola innovación permanente.

O volume de transferencia de tecnoloxía realizada polo grupo COM no ano 2020 acadou 1,1 millóns de euros. Hai dúas spin-off que se crearon nos tres últimos anos dende o propio grupo. M3 Works está dirixida á comercialización do software de análise de estruturas complexas mentres que Raytrak especializase no análise electromagnético con drones.

Rubiños: “Pretendemos que os nosos estudantes poIdan traballar en empresas punteiras e sentirse orgullosos da súa universidade”

“Somos un grupo de investigación universitario e isto significa que temos unha función fundamentalmente formadora. A transferencia dos proxectos ás empresas é unha parte máis da formación xa que se trata de que os alumnos podan poidan executar de xeito práctico os coñecementos que se ensinan na parte teórica. Pretendemos que os nosos estudantes podan traballar en empresas punteiras e sentirse orgullosos da súa universidade, ademais de ter un feed-back permanente con eles”, explica Rubiños.

As innovacións tecnolóxicas postas en marcha polo grupo COM acaban por trasladarse tamén ao ámbito internacional xa que teñen acordos con empresas españolas como Navantia que permiten aplicar estas novidades a contratos realizados con outros países. Sen dúbida que a aposta do grupo pola investigación e a innovación dende hai máis de trinta anos é unha estratexia que se está a demostrar como exitosa e con moito percorrido de futuro. Neste video de atlanTTic pode accederse a máis información sobre a comunicación cuántica relacionada coa actividade do grupo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.