Candidatura de Galicia para un laboratorio cuántico da Axencia Espacial Europea

A Universidade de Vigo e a Xunta acordan impulsar a proposta, unha oportunidade "unica", segundo subliñaron Manuel Reigosa e Alberto Núñez Feijoo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, mantiveron o pasado venres unha xuntanza onde formalizaron a presentación da candidatura para que Galicia acolla un laboratorio de tecnoloxía cuántica da Axencia Espacial Europea.

Feijóo e Reigosa coincidiron en cualificar esta oportunidade como “única” a nivel nacional e internacional. Non en van, este laboratorio situaría á Comunidade como referente en experimentación e investigación en tecnoloxías cuánticas e podería converterse no xerme dun futuro centro de investigación experimental e teórica sobre competencias nestas materias. Así mesmo, e baixo unha instalación compartida desde o ámbito público e privado, o laboratorio beneficiaría tamén a diversos sectores industriais como o da automoción, o naval, o aeronáutico ou o farmacéutico, que demandarán nun futuro profesionais capacitados nestas tecnoloxías.

Publicidade

Esta iniciativa forma parte do proxecto C-COOL da ESA, baseado na creación de distintos laboratorios en países europeos, nos que se experimentarán tecnoloxías cuánticas desenvolvidas pola axencia, ensaiando a súa validez para ser enviadas ao espazo, arredor de seis eidos: reloxos atómicos –de estroncio e iterbio-, interferometría, computación e comunicación cuántica, así como distribución de referencias de tempo e frecuencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A conduta suicida na mocidade galega: case un 20% presenta un nivel entre moderado e alto de risco

Unha investigación da UVigo baseada en 900 cuestionarios a participantes de entre 15 e 29 anos destaca o peso do contexto familiar, social e educativo

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Arden máis os espazos protexidos? Cando os datos non xustifican o relato

Os estudos dispoñibles non demostran que a protección aumente o risco de incendio nin que unha maior intervención sobre a vexetación sexa a resposta
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto