Xúpiter é o espectáculo astronómico a simple vista dende hoxe

O planeta xigante gasoso estará máis achegado e poderán verse as súas catro lúas principais con prismáticos

Xúpiter é o espectáculo astronómico dende hoxe, cunhas condicións excepcionais para contemplar o planeta máis grande do Sistema Solar. Dende este luns pola noite e ata este martes ao amencer o coloso da Gran Mancha Vermella estará no seu punto máis próximo á Terra dos últimos cinco anos, o que premitirá a súa observación en condicións pouco habituais a ollo ceibe. Nos seguintes días seguirá sendo visible, aínda que irá perdendo o seu brillo co paso das xornadas.

Ademais, empregando simplemente uns primásticos poderemos contemplar as súas catro lúas máis grandes: Ío, Europa, Ganímedes e Calisto.

O planeta estará a uns 640 millóns de quilómetros da Terra, o punto máis achegado durante o seu ciclo orbital. “Vai ter un brillo asombroso, superando incluso a estrela Antares”, explicaron no Jet Propulsion Laboratory, que publicou este vídeo sobre o evento:

Por que se poderá ver Xúpiter nestas condicións? Isto débese a que este luns 10 de xuño Xúpiter alcalzará a súa oposición, é dicir, situarase nun punto diametralmente oposto ao Sol desde a perspectiva da Terra, o cal facilitará que o planeta está máis iluminado que nunca no seu últimos cinco anos.

Ademais do espectáculo de Xúpiter, outros fitos astronómico deste mes chegarán o vindeiro 21 de xuño, cando terá lugar o solsticio de verán. O hemisferio norte registrá o día con maior luz solar directa. No hemisferio sur, pola contra, comezará o inverno. A partir desta data, os días empezarán a acurtarse no hemisferio norte e a alongarse no sur

Publicidade

O 23 de xuño será o mellor día do ano para observar desde a Terra o planeta Mercurio. Pola noite desta data, o planeta —que normalmente é difícil de observar a primeira ollada— alcanzará a súa distancia máxima do Sol desde a perspectiva dos observadores, o cal facilitará a súa detección con prismáticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns