Aberto o prazo de presentación do Premio Galicia de Xornalismo Científico

O traballo gañador será galardoado con 4.000 euros e un diploma acreditativo. A data límite para a presentación de candidaturas é o 31 de xullo

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), xunto á Axencia Galega de Innovación (GAIN), abren hoxe a convocatoria a IV edición do Premio Galicia de Xornalismo Científico ao mellor traballo de difusión deste campo, co obxectivo de comunicar a ciencia á sociedade galega e facer partícipe á cidadanía dos avances e resultados das distintas ramas do sector científico.

A convocatoria contempla tódalas noticias, crónicas, ou reportaxes xa publicadas e emitidas entre o 1 de xullo de 2018 e o 31 de maio de 2019 por un medio de comunicación galego ou edición galega dun medio estatal, ben sexan dixitais, impresos, radiofónicos ou televisivos. Os artigos e as entrevistas están excluídos da convocatoria.

Publicidade

En canto á temática, pode ser calquera aspecto relacionado coa ciencia desenvolvida en Galicia: dende achádegos ata casos de éxito de transferencia de resultados ao mercado, pasando pola difusión do labor de grupos ou centros de investigación ata as posibles aplicacións dos seus resultados.

Proceso de presentación

Os e as xornalistas poden presentarse a título individual ou en equipo de xeito telemático, a través do seguinte documento, que está tamén dispoñible nas webs da RAGC e de GAIN, xunto ás bases da convocatoria que poden descargarse neste PDF.

Publicidade

Unha vez cuberto o formulario, debe remitirse ao correo pxornal@ragc.gal, xunto á documentación necesaria especificada no propio documento. O prazo para presentar os traballos finaliza o 31 de xullo ás 15.00 horas. A entrega do premio terá lugar o 8 de outubro, durante o acto no que se celebra o Día da Ciencia en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Día da Ciencia en Galicia homenaxea a oceanógrafa Aida Fernández Ríos

No acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco referentes galegos de diferentes áreas de coñecemento

Aida Fernández Ríos: da produtividade das rías á acidificación oceánica

A traxectoria da Científica Galega do Ano 2026 representa unha contribución destacada ao coñecemento do océano no sistema climático. Por Fiz Fernández Pérez

Un libro lembra a figura da Científica Galega do Ano

A publicación, producida por GCiencia, presentouse no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo como acto inicial da homenaxe

Galicia exhibe a súa biotecnoloxía en BioSpain coa participación de máis dunha decena de organizacións

O ecosistema galego reúne en Bilbao empresas, universidades e centros de investigación, e pon o foco no crecemento dun sector que xa suma 162 compañías activas