Caída masiva de internet nas principais compañías móbiles en España

Numerosos usuarios quéixanse de dificultades para acceder á rede e incluso chamar, pero non transcendeu que impacto tivo en Galicia

Dificultades para navegar, enviar mensaxes e incluso chamar. Usuarios das principais compañías móbiles de España notificaron multitude de incidencias no seu acceso a internet, no que xa se considera unha caída masiva da rede. As afectadas foron as grandes cidades españolas, como Madrid, Barcelona e Valencia e algunhas zonas de Andalucía e Murcia. A principal hipótese é que unha línea de fibra óptica provocase a caída dos servizo, segundo informa elDiario.es. Ao parecer, a avaría produciuse por unhas operacións de Endesa e Adif, precisamente, na zona de Almería e Murcia. No que respecta ás compañías, algunhas da que sufriron o problema son Vodafone, Orange, Jazztel e Movistar.

A primeira notificación das incidencias deunas o portal especializado Downdetector. As interrupcións do servizo empezaron a detectarse arredor das 9.00 horas deste venres en diferentes puntos do Estado. De momento, son numerosas as queixas de usuarios destas compañías a través de redes sociais, como Twitter. Pola súa parte, as operadoras móbiles, como Jazztel, aseguran na súa canle que están tratando de solucionar a “incidencia” o máis pronto posible. Sobre todo, na zona de Almería e Murcia, que é unha das grandes afectadas.

Publicidade

O feito de que haxa tantas compañías facía pensar que o problema podía estar relacionado coa infraestraestrutura das comunicacións. Segundo informan en El País, as avarías afectaron tanto ao internet por cable como ao inhalámbrico pero cada compañía rexistrou as súas propias incidencias. Por exemplo, o 44% dos problemas notificados en Movistar debíanse á internet fixa. Mentres que en Orange, o 74% das queixas estaban vinculadas coa liña telefónica.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

España prohibirá o acceso a redes sociais a menores de 16 anos: “É absolutamente positivo e necesario”

O profesor de Psicoloxía da USC Antonio Rial cre que a medida é un "exercicio de responsabilidade" que precisa da implicación de familias e sistema educativo

Un equipo galego explora o potencial da IA para detectar síntomas de depresión en redes sociais

Un estudo do CiTIUS analiza automaticamente textos publicados en Internet para detectar patróns lingüísticos asociados á saúde mental

Que lle sucede ao noso cerebro cando vemos vídeos a velocidades máis rápidas do normal?

Reproducir contido a 1,5x ou 2x pode parecer eficiente, pero afecta á comprensión, a memoria e á maneira en que procesamos a información audiovisual

A Xunta marca o obxectivo de que toda Galicia teña internet de 100 Mbps en 2030

A Estratexia Galicia Dixital 2030 propón que a contribución ao PIB das empresas do sector TIC supere o 3%