A Xunta marca o obxectivo de que toda Galicia teña internet de 100 Mbps en 2030

A Estratexia Galicia Dixital 2030 propón que a contribución ao PIB das empresas do sector TIC supere o 3%

A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de actualizar a Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) para adaptala aos cambios normativos, estratéxicos e tecnolóxicos, tanto a nivel nacional como europeo, que se produciron desde a súa aprobación en decembro 2020. Entre os obxectivos desta estratexia figura que toda a poboación galega teña conexión a internet de 100Mbps no 2030 e que a contribución ao PIB das empresas do sector TIC supere o 3%.  

A reformulación da EGD2030 chegou a través dun proceso participativo que deu como resultado una redefinición dos retos a conseguir, a implementación dunha vintena de novas iniciativas e a ampliación dos obxectivos marcados inicialmente.  

Publicidade

Tras cumprir, en tres anos, 8 das 13 metas establecidas na EGD2030, reformúlanse os obxectivos marcados na estratexia para o 2030 e incorpóranse outros novos. Así, para 2030 márcase como meta que o 100% da poboación dispoña de cobertura de máis de 100Mbps, que o 96% das persoas conten con competencias dixitais (e que, cando menos, o 50% sexan mulleres), que máis do 94% dos galegos merquen en liña, que o 77,6% das persoas e o 90% das empresas realicen as súas xestións coa administración en liña e que o 35% das empresas tecnolóxicas conten con especialistas en ciberseguridade, IA ou datos.  

Entre os novos obxectivos que incorpora a EGD2030, está o de que as empresas que empregan big data superen o 25% e as que empregan IA acaden o 45%, que a contribución do sector TIC ao PIB galego supere o 3% e que a porcentaxe de persoas cun elevado nivel de confianza en internet acade o 22,4%. 

Publicidade

As medidas propostas artéllanse en torno a catro áreas: gobernanza tecnolóxica, proxectos tractores, empresas e cidadanía. Respecto da primeira das áreas, a actualización da EGD2030 contempla establecer un marco de gobernanza TIC sostible que dea prioridade aos investimentos en tecnoloxía con impacto no longo prazo; o reforzo da ciberseguridade cun novo modelo de xestión de crises e un protocolo de comunicación de ciberincidentes para a Xunta de Galicia; a posta en marcha da Estratexia Galega do Dato para optimizar a toma de decisións e o deseño de políticas públicas; e a elaboración dun Plan rexional para a promoción da IA. 

Xemelgo dixital e Plan Director das TIC

No ámbito dos proxectos tractores, implementarase o xemelgo dixital da rexión, que permitirá a simulación de escenarios para unha mellor xestión do territorio; avanzarase cara a unha administración 100% dixital, universalizando o acceso en liña ás xestións e trámites; promoverase a colaboración no Plan Director do sector TIC; e impulsarase a candidatura galega para acoller a sede dunha das factorías de IA previstas pola Comisión Europea. 

No terreo empresarial, desenvolveranse programas de formación especializada en tecnoloxías avanzadas para potenciar o talento dixital; adoptaranse medidas para atraer investimento ao sector TIC e impulsarase unha canle de atención integral a través da Oficina Económica de Galicia. Ademais, daráselle pulo á dixitalización empresarial dos distintos sectores produtivos.   

En canto á cidadanía, impulsarase a capacitación dixital; evolucionarase á carpeta cidadá da sede electrónica; promoverase unha atención máis multicanle e porase en marcha un Pacto polos Dereitos Dixitais, un compromiso conxunto entre a Administración e a sociedade civil para asegurar a protección dos dereitos e liberdades das persoas na contorna dixital.  

A EGD2030 foi concibida como un marco vivo e aberto, baseado nun modelo de vixilancia e medición de resultados que permita adaptar as súas medias á evolución social, económica e tecnolóxica de Galicia.   

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A Amtega ofrece un catálogo de servizos para unha dixitalización inclusiva nos concellos

A axencia da Xunta ofrece máis de 40 solucións que engloban ámbitos como a administración dixital, a xestión do territorio, a ciberseguridade e a capacitación da cidadanía para a Internet

Madrid adopta tecnoloxía galega para xestionar as súas explotacións gandeiras

Amtega mantense como referente da xestión de recursos agrogandeiros coa sinatura dun novo convenio para ceder o uso de sistemas da oficina virtual de gandería

Galicia será pioneira en reforzar a vacina contra a meninxite aos 12 anos a partir de maio

Sanidade incorporará ao calendario vacinal unha dose adicional na adolescencia para reducir contaxios e avanzar na erradicación da enfermidade