A presentación do último modelo de Tesla supuxo o mellor lanzamento dun produto na historia.
A presentación do último modelo de Tesla supuxo o mellor lanzamento dun produto na historia.

Así é Tesla, o coche eléctrico milagre que Galicia quere fabricar

O principal accionista de Tesla Motors publicou a través de Twitter unha mensaxe que fixo saltar as alarmas en España. Todo comezou en Valencia, onde crearon o perfil SpainLovesTesla, co fin de promover a instalación dunha planta de Tesla nesta comunidade. E a resposta de Tesla desatou a euforia: a mensaxe contiña estas palabras en español “También te amo”.

O Tesla Model 3.
O Tesla Model 3.

Porque a firma tecnolóxica máis puxante do momento busca localización para unha planta en Europa. E á candidatura en redes sociais da Comunidade Valenciana, seguiron as de Navarra e Andalucía. A comunidade galega, non tardou en reaccionar mediante a suxestión de propostas lanzadas desde a iniciativa privada que destacan as vantaxes de situar a planta de fabricación en Galicia. Na PLISAN de Salvaterra xa houbo un proxecto da maior fábrica de baterías eléctricas de Europa, un plan que non chegou a bó porto e que estaba auspiciado por Mitsubishi. Agora, o propio conselleiro de Economía, Francisco Conde, manifesta que a Xunta vai poñer “todos os instrumentos” ao seu alcance para a posible ubicación dunha fábrica de coches eléctricos da firma californiana Tesla Motors.

A preguntas dos xornalistas sobre unha candidatura galega, Conde indicou que “sempre que haxa unha oportunidade de captar inversión, Galicia estará aí”.

Expertos do sector da automoción destacan o potencial provedor de compoñentes e a experiencia automobilística galega.  E, ademais, ven nesta proposición unha boa oportunidade para lanzar a campaña GaliciaLovesTesla, que propoñería a comunidade galega como localización idónea para a súa primeira fábrica europea.

Tesla fundouse co obxectivo de crear conciencia da enerxía renovable e acelerar a transición cara o transporte sostible. Para combater o quentamento global e as mortes por contaminación debidas ó transporte, comezou a comercializar coches eléctricos ó mercado de masas con vehículos de grandes prestacións a prezos accesibles.

Á fronte desta potente marca atópase o economista, físico e emprendedor surafricano Elon Musk. Máis coñecido por ser o cofundador de PayPal, o sistema de pagos online máis grande do mundo.

A día de hoxe, o éxito colectado sitúa á marca na oitava posición no ránking mundial de fabricantes de automóbiles e no segundo de Europa tras a industria alemá.

O mellor lanzamento dun produto na historia

O novo Model 3 presentouse como a versión “asequible” do sedan Model S e o seu lanzamento supuxo un éxito rotundo na historia, superando incluso ós lanzamentos do xigante Apple.

Durante a primeira semana en venta rexistrou máis de 325.000 pedidos. O valor combinado de todos estes vehículos ascende ós 14.000 millóns de dólares. Un éxito que supón un reto loxístico e financeiro á hora de atender a esta demanda masiva.

Alcanzáronse as 250.000 reservas incluso antes da presentación do produto

O prezo de partida era de 35.000 dólares, pero os futuros propietarios piden extras que elevan o valor medio ós 42.000 dólares. Houbo 115.000 persoas que aboaron a reserva antes incluso de que se presentase o novo modelo, alcanzando en menos de 24 horas as 250.000 reservas.

O interese polos vehículos responsables co medio ambiente é evidente, e aí está tamén o gran reto para a compañía que define este lanzamento como “o mellor lanzamento dun produto na historia”.

O obxectivo é alcanzar as 90.000 unidades en todo o 2016 e, supoñendo que todo vaia segundo o previsto, espera realizar as primeiras entregas deste modelo a finais de 2017. É dicir, que os primeiros usuarios na lista de reservas terán que esperar mínimo un ano e medio para poder conducilos.

Pero, qué é o que fai especial este modelo?.

Esteticamente, o Model 3 aseméllase ao seu irmán maior, o Model S, aínda que as súas dimensións son máis reducidas. Mentres que o último pode acomodar ata sete persoas, Model 3 ten capacidade para transportar cinco adultos de forma cómoda.

Os primeiros usuarios poderán conducir o Model 3 a finais de 2017

O Model 3 ten unha autonomía de 350 km por carga, ou 215 millas. O deseño interior conta cunha pantalla táctil flotante sobre o cadro de mandos que fai as veces de panel de a bordo e que segue a idea das cápsulas espaciais Dragon.

O Tesla Model 3 terá unha aceleración de 0 a 60 millas (de 0 a 100 quilómetros por hora) en menos de seis segundos. O alcance será de “polo menos 250 millas (400 quilómetros)” cunha carga da batería, aínda que Musk recalcou que todas as cifras son “mínimas que esperamos superar”. Ademais, o vehículo virá de fábrica co equipamento necesario para a condución automática. E no prezo tamén se incluirá a capacidade de carga rápida das baterías, que Tesla denomina supercharging.

Noutro aspecto no que o novo modelo é similar ao Model S é que o vehículo conta con dous maleteiros. Ademais do tradicional espazo de carga traseiro, a ausencia do motor de combustión na parte dianteira permite utilizar o habitáculo para transportar obxectos.

Musk destacou que o Tesla Model 3 terá máis espazo de carga que ningún outro vehículo de similares dimensións no mercado. “É un produto incrible que os vai a asombrar”, sinalou Musk. Pero para facer o Model 3 un produto realmente de consumo de masas, Tesla non só ten que vendelo a un prezo alcanzable senón que ten que ser capaz de producilo en grandes cantidades de forma rápida.capaz de producilo en grandes cantidades de forma rápida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.