Crean en Pontevedra un software para analizar o balonmán en tempo real

Recoller dunha forma sinxela toda aquela información que afecta ao rendemento dun equipo de balonmán, así como os datos que permiten dar conta da eficacia das accións ofensivas e defensivas de un e outro equipo e facelo ademais en tempo real, de tal xeito que os técnicos poidan empregar toda esa información para a toma de decisións durante o propio encontro. Esta é a principal innovación que achega a ferramenta informática que o investigador Iván González desenvolveu para a súa tese de doutoramento, centrada no deseño e validación dun “instrumento de observación para a análise do rendemento en balonmán”, tendo en conta a ausencia neste deporte de ferramentas específicas capaces de reunir “as accións máis importantes que teñen lugar durante un partido e que inflúen no rendemento dos equipos”.

“Trátase dunha ferramenta para rexistrar e analizar, dunha forma rápida, sinxela e eficaz as accións de ambos equipos durante o xogo, tanto en ataque como en defensa” e que polo tanto “axuda ao adestrador a tomar decisións baseadas en datos fiables e obxectivos”, engade González García da aplicación que desenvolveu para que unha única persoa poida recoller de forma simultánea nun dispositivo táctil a información sobre accións individuais, espaciais, temporais e de situación. “A diferenza con outro tipo de ferramentas é que a avaliación do rendemento se realiza durante o partido e non unha vez finalizado, polo que a información pode ser utilizada de forma inmediata para ofrecer unha retroalimentación aos xogadores e poder cambiar o transcurso do partido”, engade González da ferramenta que desenvolveu no marco da súa tese Análisis del comportamiento ofensivo y defensivo en balonmano a través de los indicadores de rendemento e índices de eficacia. Validación de un software en tiempo real, que dirixiron os profesores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte Jorge Viaño e Luís Casais.

Publicidade

Máis información no seguinte enlace:

http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=11456&Itemid=2

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como de sostible é o teu concello segundo os obxectivos para 2030? Compróbao neste mapa interactivo

A UVigo desenvolve unha plataforma aberta que avalía o grao de cumprimento dos 17 ODS a partir de 69 indicadores

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro