A galega Primux lanza o primeiro Notebook deseñado en España

O notebook 1401, o primeiro ordenador portátil ultralixeiro deseñado e desenvolvido integramente en España, está a punto de saír ao mercado da man de Primux, empresa tecnolóxica que concibiu este novo produto no seu centro de I+D, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense). A estimación de vendas para este primeiro ano supera as 100.000 unidades.

“Está principalmente enfocado a uso educativo e doméstico e supón un antes e un despois no campo da tecnoloxía en España porque é o primeiro notebook desenvolvido enteiramente aquí”, explica Daniel Rodríguez, CEO de Primux. Cun prezo final de 269 euros, neste momento está aberta a reserva de unidades a través da tenda online, á espera da súa posta á venda tamén en distribuidores oficiais nos vindeiros días.

Publicidade

Aos 10 anos de experiencia que atesoura Primux desenvolvendo tecnoloxía de consumo, a empresa galega suma para este proxecto o apoio de dous xigantes do sector: Intel® e Microsoft. “Trátase dun computador portátil que achega unha fluidez de uso e navegación excepcional grazas a un procesador a 1,84Ghz que se completa con 2GB de memoria RAM”, detalla Rodríguez.

Ultradelgado, de baixo peso, conta con 32 GB de almacenamento, ampliables con microSD

Outra das claves do Notebook 1401 é o seu deseño ultradelgado (20,2 milímetros de grosor) e un peso aproximado de tan só 1.569 gramos, grazas a que incorpora unha pantalla HD de 14,1 polgadas. A conectividade e a capacidade de almacenamento son outros dous puntos fortes destacados pola empresa, cun porto USB 2.0, conexión WiFi e Bluetooth® e un porto Mini HDMI para conectar televisores, cámaras fotográficas ou de vídeo. Os seus 32 GB de almacenamento interno pódense ampliar cunha tarxeta microSD até chegar aos 128 GB, polo que non require  un disco duro externo para albergar arquivos pesados. Ademais, a súa batería de 10.000 mAh asegura unha autonomía de entre 6 e 8 horas sen necesidade de carga, para as longas xornadas de traballo ou lecer.

Publicidade

O portátil trae cargados o paquete Office e o novo Windows 10, o último sistema operativo de Microsoft. “Este sistema resulta moito máis accesible e intuitivo que os seus antecesores, recupera o coñecido botón de inicio e permite abrir varias áreas de traballo con diferentes aplicacións para traballar en multitarea de forma máis rápida e eficiente”, destaca o CEO de Primux.

2 COMENTÁRIOS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Sen inflamación e sen dor: unha nova técnica axiliza a recuperación das hernias de disco

O Parque Tecnolóxico de Galicia acolle este venres unha formación dirixida a traumatólogos e neurocirurxiáns de todo o país

As videochamadas e o teletraballo limitan a túa creatividade, segundo un estudo

A comunicación virtual céntrase na pantalla e reduce o enfoque cognitivo, tal e como conclúen investigadores de Estados Unidos nun artigo de Nature

Deseñada unha batería milimétrica con dez horas de duración

Os investigadores enrolaron as pezas en diferentes capas conseguindo unha capacidade oito veces maior que a dunha batería plana

A empresa galega Primux medrou un 20% no ano 2020

A compañía, con sede na Tecnópole de Ourense, e líder en España na fabricación de dispositivos informáticos con sistema operativo Windows