Próxima Centauri: a estrela máis achegada

Próxima Centauri.
Próxima Centauri.

Explicación: ten planetas a estrela máis achegada ao noso Sol? Ninguén o sabe de certo; pero agora podes seguir as frecuentes actualizacións dunha nova procura que se está a facer durante os primeiros meses deste ano. A estrela máis achegada, Proxima Centauri, é o membro máis próximo do sistema estelar Alpha Centauri. Á luz lévalle só 4,24 anos chegar a nós desde Proxima Centauri. Esta pequena estrela vermella, captada no centro da imaxe publicada polo Telescopio Espacial Hubble, é tan feble que só se descubriu en 1915 e unicamente pode verse por un telescopio. As puntas de difraccióncon forma de X creadas polo telescopio arrodean a Proxima Centauri, mentres varias estrelas máis afastadas da nosa galaxia Vía Láctea poden ollarse no fondo. A estrela máis brillante no sistema Alpha Centauri é bastante semellante ao noso Sol, coñecida desde hai moito como rexistra a historia, xa que se trata da terceira estrela máis brillantedo ceo nocturno. O sistema Alpha Centauri pode ollarse fundamentalmente desde oHemisferio Sur da Terra. O proxecto “Un punto pálido vermello” do European Southern Observatory, (ou Observatorio Europeo Meridional) iniciado a semana pasada, comezou a investigar cambios lixeiros en Proxima Centauri para saber se se deben a un planeta; posiblemente do tamaño da Terra. Aínda que improbable, se houbese unha civilización moderna que se atopase vivindo nun planeta orbitando Proxima Centauri, a súa proximidade faría unha posibilidade razoable de que a humanidade puidera comunicarsecon eles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo