Venres 29 Marzo 2024

A empresa galega Primux medrou un 20% no ano 2020

A compañía, con sede na Tecnópole de Ourense, e líder en España na fabricación de dispositivos informáticos con sistema operativo Windows

Primux, empresa fabricante de equipamento informático con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), no polígono ourensán de San Cibrao das Viñas, acadou durante o 2020 un incremento do 20% na súa facturación. Os referentes da industria tecnolóxica mundial viron reforzado o seu crecemento, que tamén tivo o seu reflexo no mercado español, onde só a venda de computadores subiu un 27% o pasado ano. Hai que remontarse a 2010 para acceder a datos de crecemento comparables, aínda que entón o ascenso quedou no 13,7%.

Segundo destaca o CEO da compañía, Daniel Rodríguez, “a crise mundial provocada pola Covid-19 tivo un impacto desigual nos mercados e determinados sectores víronse moi favorecidos polos cambios nos hábitos de consumo e a aceleración na adopción dos avances en tecnoloxía. As restricións ao lecer e o confinamento -que motivou a imposición masiva do teletraballo- impulsaron radicalmente o negocio das empresas de produtos tecnolóxicos. Así, en 2020 viviuse un auxe sen precedentes na renovación de equipos como ordenadores, tablets ou accesorios para o xogo”.

Publicidade

Daniel Rodríguez, CEO de Primux.
Daniel Rodríguez, CEO de Primux.

A empresa tecnolóxica galega conta con máis de 10 anos de traxectoria no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con crecemento acadado no pasado exercicio, Primux sitúase tamén como o líder español no sector de fabricación de dispositivos informáticos con sistema operativo Windows. A finais de 2020, a empresa estaba xa presente ademais nas firmas comercializadoras máis potentes do sector en España, como Amazon, El Corte Inglés, Carrefour ou Media Markt.

A compañía encara agora o segundo semestre do ano con ese impulso cara ao crecemento que sinalou o camiño da pandemia. Daniel Rodríguez amósase moi optimista con permanecer “en cocientes de crecemento similares a 2020. Iso tendo en conta que seremos capaces, grazas á nosa política de reservas e almacenamento, de evitar roturas de stock que o ano pasado afectaron a moitos fabricantes e que Primux apenas notou por ese motivo”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando a música e a informática se alían: “Un músico poderá atopar partituras cantaruxando”

A investigadora da UDC Hilda Romero Velo crea unha aplicación web e móbil para solucionar algúns dos problemas aos que se enfrontan os músicos no día a día

Sen inflamación e sen dor: unha nova técnica axiliza a recuperación das hernias de disco

O Parque Tecnolóxico de Galicia acolle este venres unha formación dirixida a traumatólogos e neurocirurxiáns de todo o país

PODCAST | A informática ao servizo da saúde cardiovascular. Con Víctor Mondelo

Charla co investigador do Laboratorio de Informática Aplicada, creador dun sistema informático de apoio á diagnose de electrocardiogramas que facilita o traballo do persoal sanitario na toma de decisións

Tres obradoiros para espertar a vocación tecnolóxica entre as rapazas

Están organizados polo CPEIG e Amtega e poderanse seguir en liña ou asistir de maneira presencial na Facultade de Informática da Coruña