A USC lanza o programa Mentoring para o emprego

Mentoring é un novo proxecto da USC para poñer en contacto a estudantado de máster, graduados/as ou alumnado de último ano de grao con directivos de empresas e profesionais co fin de que estes últimos poidan orientalos e apoialos na busca de emprego e no desenvolvemento da súa carreira profesional. Este é un proxecto que se atopa actualmente en fase de desenvolvemento, coa captación de posibles mentores, e que en semanas próximas se abrirá á comunidade universitaria interesada.

Universitarios nunha clase da USC.
Universitarios nunha clase da USC.

As principais características desta nova iniciativa da USC presentáronas aos medios de comunicación o reitor Juan Viaño, e a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez Pérez. A nova proposta da USC busca reducir a incerteza do alumnado que rematou ou está a piques de rematar a súa etapa universitaria e carece de referencias previas para orientarse axeitadamente o seu perfil ao mercado laboral. Para logralo estase a procurar o apoio de empresarios/as, directivos/as e emprendedores/as que sumándose a esta iniciativa exercerán de “guía, canalizadores de contactos e conselleiros”, como explicou Dolores Álvarez quen lembrou que xa se incorporaran á iniciativa vinte profesionais de diferentes ámbitos empresariais.
O novo programa permite ademais completar un círculo que se inicia nas aulas, onde “a universidade prepara, forma, promove habilidade e competencias” e ás que este novo programa xunta agora a aplicación práctica ao promover o contacto co mundo laboral, engadiu o reitor Juan Viaño. Poderá ser mentor ou mentora calquera directivo, profesional ou emprendedor con preparación que estea disposto a dedicar unha parte do seu tempo a escoitar as inquedanzas dos estudantes, compartir coñecementos e experiencias e aconsellar ás persoas ‘mentorizadas’. Ademais, a empresa ou organización á que pertenza o mentor/a visibilizarase na web da USC e acreditarase como “empresa colaboradora” da Universidade de Santiago.

Os alumnos con necesidades especiais teñen ao seu dispor o ‘Metoring Inclusivo’

O mentor ou mentora comprométese a asistir á sesión de presentación do proxecto e á sesión de clausura do programa, na que os/as participantes compartirán os seus resultados e experiencias. Ademais manterán un mínimo de catro reunións coas persoas ‘mentorizadas’ no seu lugar de traballo ou por medios telemáticos durante os catro meses posteriores á presentación.
Poderán solicitar a participación neste programa o estudantado de máster ou de último ano de grao e graduados que queiran contactar cun/ha profesional ou emprendedor/a para que lles axude alcanzar un mellor aproveitamento do seu potencial e facilitar o acceso a recursos profesionais apropiados. Na selección do estudantado priorizaranse aqueles alumnos/as con mellor expediente e moi especialmente os/as que estudan con bolsa. A cada estudante seleccinado/a asignaráselle un mentor ou mentora que teña un perfil académico ou profesional apropiado para que o acompañe e guíe durante catro meses.
O alumnado deberá asistir ás sesións presenciais de presentación e clausura do proxecto, tomar a iniciativa para contactar co mentor/a e con el/a planificar os obxectivos deste período e finalmente valorar o desenvolvemento do programa e os resultados obtidos. En próximas semanas está previsto que este programa xeral se complemente cunha convocatoria especial para alumnado con necesidades especiais. Coñecerase co nome de Mentoring Inclusivo.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha carta do presidente de Apatrigal reclama unha alternativa ás tubaxes das gárgolas do Obradoiro

Carlos Fernández Coto defende solucións técnicas máis integradas, ao considerar que “non pode xustificarse como única nin como inevitable”

A camelia consolídase como emblema galego nunha nova mostra en Santiago

O evento levarase a cabo entre o 2 e 4 de abril con acceso libre, ofrecendo máis de 200 variedades da flor e instalacións audiovisuais

Cando a luz é máis que arte: iluminar para conservar o patrimonio de Santiago

Un estudo da USC confirma a eficacia dun novo sistema de iluminación ornamental, en cores ámbar e verde, para a conservación da arquitectura en pedra

Maior Pérez e o seu instinto empresarial na Pontevedra do século XIV

A nobre de orixe compostelá, unhas das máis poderosas do seu momento, impulsou uns baños públicos únicos na Galicia medieval