Doce empresas seleccionadas para os Premios Galicia Spin-Off

Unha ducia de empresas pertencentes a diversos sectores produtivos foron preseleccionadas para participar na elección final de gañadores dos Premios Galicia Spin-Off, organizados por Pastor e o portal Gciencia, que distingue ás mellores iniciativas empresariais xurdidas nos grupos de traballo das universidades galegas. O xurado comezou as súas deliberacións para conceder os galardóns que se coñecerán nas próximas semanas.
As dúas categorías do Premio (Idea Emerxente e Selo de Calidade) recoñecen, respectivamente, a unha spin-off que irrompese nos últimos dous anos cunha idea innovadora e a unha empresa sobranceira pola súa traxectoria de prestixio ao longo dos últimos anos. No apartado Idea Emerxente haberá ademais dous finalistas que, como acontecerá co gañador, terán unha oferta especial para financiar o seu proxecto innovador por parte de Pastor.

Spin-off de sectores diversos concurren ás categorías de Idea Emerxente e Selo de Calidade

Entre as empresas aspirantes aos premios atópanse spin-offs dedicadas á creación de software innovador, outras que innovan cos seus produtos no sector sanitario, empresas punteiras do sector agro-alimentario e compañías que investigan novos produtos procedentes do medio mariño. A elevada calidade das propostas presentadas fará complicada o labor do xurado, que comunicará a súa decisión ao longo do mes de novembro.
O xurado está composto por membros de Pastor, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), da Real Academia Galega dás Ciencias (RACGC), da Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia) e do portal Gciencia, que se completa co investigador Antonio Figueras, ex vicepresidente do CSIC e director do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. O acto de entrega de premios celebrarase antes de final de ano nunha cidade a designar.

Publicidade

O xurado integra CSIC, Academia de Ciencias, Secretaría de Universidades, Pastor e GCiencia

En Galicia, o Grupo Banco Popular conta con 260 oficinas e un total de 757.000 clientes, dos que 142.000 son pemes, autónomos e comercios. Mediante Pastor, Galicia é o principal mercado do banco, onde conta coa maior cota de todo o territorio nacional, tanto en créditos como en depósitos. Pastor apoia aos emprendedores e aos empresarios galegos e proba diso é que tras a integración no Grupo Banco Popular, sumaba algo máis do 18% de cota de mercado en créditos e actualmente a súa cota é xa do 22,6%. En definitiva, trátase de apostar por Galicia e de materializar o seu compromiso a longo prazo coas súas familias, empresas, autónomos e comercios.
GCiencia é o portal da Ciencia en Galicia, unha publicación de Ciencia Galega Industrias Creativas S. L. que se converteu nun medio de comunicación de referencia a través das súas reportaxes, entrevistas, audiovisuais, informacións e contidos multimedia, moitos deles trilingües. Ao longo de dous anos de existencia, GCiencia suma máis de dous millóns de visitas, cun constante crecemento en audiencia. GCiencia foi seleccionada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Economía e Competitividade, para o seu programa de Fomento da Cultura Científica, Tecnolóxica e da Innovación, converténdose así nun dos catro medios de comunicación de España que forman parte do proxecto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse

O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano

O mosquito tigre expándese por Galicia: detectado por primeira vez na Coruña

A Rede Galega de Vixilancia de Vectores sinala que é o único rexistro na zona norte da comunidade e súmase aos doce concellos do sur

Tremor no Caribe

Dous terremotos sacoden Venezuela e deixan un balance catastrófico con 1.450 falecidos e 3.150 feridos. Por Laura Filloy

O mapa dos novos Soletes da Coruña: 17 locais imprescindibles recomendados por famosos

Javier Gutiérrez, Sara Escudero, Tamar Novas e o grupo musical Sanguijuelas del Guadiana recomendan establecementos en Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña