Desenvolver unha idea de negocio percorrendo o Camiño de Santiago

Spin2016, o maior evento dedicado ao emprendemento universitario, convoca os estudantes de todos os países da rexión iberoamericana a participar en The Spin Way, unha experiencia única coa que poderán desenvolver unha idea de negocio mentres percorren o Camiño de Santiago. Unha iniciativa organizada por RedEmprendia, Uninova, a Universidade de Santiago de Compostela e o Tecnológico de Monterrey.

The Spin Way promove a cooperación, o esforzo e o espírito emprendedor dos mozos e mozas, combinando o talento de universitarios de diferentes nacionalidades cun obxectivo común: dar forma a un proxecto emprendedor e presentalo en Spin2016, na Cidade da Cultura de Galicia, ante máis de 2.000 asistentes do mundo da universidade, os negocios, a ciencia e a cultura.

Publicidade

The Spin Way reunirá a universitarios de España e 8 Países Iberoamericanos

Os participantes percorrerán durante catro días os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago, acompañados de expertos e mentores que lles brindarán apoio á hora de desenvolver as súas ideas de negocio. Unha auténtica aventura emprendedora coa que porán a proba as súas capacidades e vivirán unha experiencia internacional seguindo unha das rutas de peregrinación máis importantes de Europa e do mundo. Só no ano 2015 máis de 260.000 persoas de 179 nacionalidades fixeron o Camiño a Santiago de Compostela.

Os universitarios interesados en formar parte de The Spin Way teñen ata o día 12 de xullo para inscribirse a través do formulario dispoñible na web. Serán seleccionados un máximo de 30, que terán todos os gastos pagos durante a súa participación no programa. Ademais, os universitarios de América Latina e do Caribe que teñan que vir a España contarán cunha axuda de 500 euros para a súa viaxe.

Publicidade

O Spin2016 converterá Galicia no epicentro do talento emprendedor universitario

Os estudantes seleccionados en The Spin Way poderán formar parte tamén dunha delegación de 22 mozos e mozas, representantes de todos os países da rexión iberoamericana, que traballarán na elaboración do manifesto ‘ Iberoamérica Emprende desde a Universidade’, iniciativa coordinada pola Fundación Cotec.

Xa en Spin2016, os trinta seleccionados terán a oportunidade de presentar os proxectos resultado da súa experiencia. Do 29 de setembro ao 1 de outubro, Spin2016 reunirá en Compostela un completo programa que inclúe conferencias, marketplace, obradoiros e seminarios, networking… ademais dun un foro de investimento para startups e spin–off con xen universitario e premios para os mellores proxectos emprendedores.

Nesta edición Spin2016 mobilizou tamén as universidades de Vigo e A Coruña e as 28 universidades de Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México, Portugal e Perú que forman parte de RedEmprendia. O evento ten ademais o patrocinio de entidades e empresas como a Fundación EY, Google, Indra ou Iberia, e a colaboración de máis de medio cento de organizacións públicas e privadas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un ciclo de divulgación científica leva a investigación sobre Galicia a seis vilas do Camiño de Santiago

A iniciativa de Observer ‘Camiños de Ciencia’ celebrarase entre setembro e novembro con charlas gratuítas arredor da arqueoloxía, xeoloxía ou astronomía

O Camiño Francés, o máis afectado polo quecemento durante o verán

O climatólogo Dominic Royé crea un gráfico con cinco rutas a Santiago onde analiza o aumento da temperatura con datos entre 1979 e 2025

A seguridade viaria tamén está no Camiño: as novas medidas para o Xacobeo 2027

Turismo de Galicia investirá máis de 1,2 millóns de euros na mellora dos cruces das rutas Fisterra-Muxía e Primitivo como parte dun plan para mellorar a experiencia dos peregrinos

O patrimonio cultural de Europa cobra vida en tres dimensións dende atlanTTic

Investigadores da UVigo desenvolven unha aplicación aberta que emprega intelixencia artificial e realidade aumentada para dixitalizar miles de bens culturais