O exemplo de Wonenburger para reivindicar á muller científica

As universidades galegas, a través das súas oficinas e unidades de Igualdade, colaboraron estes meses acubillando nos seus sete campus a exposición das galardoadas dos Premios María Josefa Wonenburger Planells –que outorga a Unidade de Muller e Ciencia dende o ano 2007- coa que se pretende visibilizar as contribucións feitas por estas científicas e tecnólogas galegas, e así dar a coñecer entre a comunidade universitaria o traballo destas mulleres.

A mostra, agora presente no claustro do Colexio de Fonseca, clausurouse este mércores 29 nun acto no que interviñeron o reitor da USC, Juan Viaño, e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Viaño resaltou a figura de María Wonenburger, “capaz de superar os prexuízos da época e de todos aqueles que non entendían que o feito de ser muller non é un obstáculo para ser unha excelente científica”. “Iniciou unha senda moi importante na ciencia internacional, e na matemática en particular, –dixo– que permitiu comezar a rachar conceptos machistas instalados na medula das sociedades da época e fundamentados en simplezas e descoñecemento”.

Publicidade

A exposición recolle o que aconteceu nos últimos nove anos e os descubrimentos que fixeron cada unha das homenaxeadas. As profesoras Inmaculada Paz Andrade e Tarsy Carballas realizan un traballo que permite previr os lumes e recuperar as terras queimadas. Pola súa banda, as profesoras Teresa Miras Portugal, Carmen Navarro Fernández–Balvuena e Soledad Soengas González logran avanzar nas enfermidades que máis nos afectan neste século; un equipo ao que se suma a profesora María José Alonso Fernández, que dedica todo o seu talento e esforzo a lograr medicamentos máis efectivos a través da nanotecnoloxía. O elenco de premiadas complétase coa profesora Carmen García Mateo, dedicada á codificación de audio e a lograr mellorar a comunicación entre as máquinas e nós; Ofelia Rey Castelao, que explicou o que supuxo a emigración; e a arquitecta Isabel Aguirre de Úrcola, premiada este ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua

De campamento neandertal a enterramento: os achados das escavacións en Cova Eirós e Monte Penedo

Os traballos, liderados dende a USC, permiten descubrir restos óseos infantís e adultos e amplían os períodos de ocupación humana das cavidades

Un estudo galego revela que os lumes favorecen ás aves máis afectadas polo abandono rural

A USC e o CSIC investigan a Serra do Xurés e analizan a recuperación desigual segundo o hábitat, cunha maior vulnerabilidade das especies forestais

O novo acordo lingüístico permitirá impartir Matemáticas, Tecnoloxías e Física e Química en galego

Os centros educativos poderán decidir a repartición das materias na ESO, respectando o equilibrio do 50% entre os dous idiomas