Do laboratorio á economía real

Converten coñecemento en economía. Xeran emprego. E fan rendible a investigación. As spin-off, as empresas que xorden dos laboratorios das universidades, toman gran protagonismo. En 2000, só había en España 18 spin-off universitarias. Actualmente, hai máis de mil. O que demostra o seu pulo.

Xunto ás spin-off, as start up das universidades tamén crean emprego.
Xunto ás spin-off, as start up das universidades tamén crean emprego.

A Universidade de Santiago creou 44 spin-off, mentres que en Vigo foron constituídas case 30, por unha decena na Coruña, incluíndo as empresas de base tecnolóxica. Ademais, as spin-off universitarias son boas xeradoras de emprego. De feito, a través delas e das start-up (as empresas que se instalan en viveiros universitarios), só a Universidade de Vigo xerou 618 postos de traballo. E a de Santiago calcula máis de 400. Algúns casos significativos son Galchimia, de Santiago, que dá traballo a 25 persoas, e Innolact, radicada en Lugo, que ten 12 empregados, unha facturación millonaria e unha constante evolución.
A universidade en Galicia ten boas ideas que levar ao mercado. Demóstrao a súa posición destacada no número de patentes rexistradas. Santiago ocupa o quinto posto entre 34 universidades españolas. E Vigo, o décimo posto, aínda que é a sexta con máis patentes por cada 100 profesores. Ademais, a progresión é enorme. En 2013, as tres institucións rexistraron un 26 por cento máis patentes que o ano anterior.
Ademais, Santiago ocupa o quinto posto e Vigo está no noveno en España en creación de spin-off universitarias.

Santiago é a quinta universidade de España en número de patentes rexistradas

Ás spin-off hai que sumar as ‘start up‘, empresas que nacen dos viveiros universitarios. En 2013, apareceron 18 novas empresas con esta fórmula (7 en Vigo, 10 en Santiago e 1 na Coruña). Na última década, calcúlase que máis de 300 empresas xurdiron no conxunto das tres universidades galegas.
As spin-off son iniciativas empresariais promovidas por membros da comunidade universitaria, que se caracterizan por basear a súa actividade na explotación de novos procesos, produtos ou servizos a partir do coñecemento adquirido e os resultados obtidos na propia Universidade.

As spin-off transfiren ideas dende os laboratorios á empresa.
As spin-off transfiren ideas dende os laboratorios á empresa.

A investigación aplicada é a base destas empresas, cuxa importancia radica no desenvolvemento de novas tecnoloxías, a creación de emprego de calidade, a capacidade de xerar un alto valor engadido na actividade económica e a achega ao desenvolvemento rexional.
Unha spin-off ten vantaxes para todos os implicados. Dunha parte, os emprendedores poden seguir desenvolvendo a tecnoloxía que se xerou na universidade ata o nivel de produto final, contratar persoal investigador moi valioso e obter rendementos económicos do proceso.
Ademais, a universidade poderá impulsar a través das spin-off o seu labor de transferencia de resultados da investigación. Ademais obterá retornos económicos por contratos de transferencia coas spin-off de investigación. E, por último, a sociedade beneficiarase dos postos de traballos cualificados que xeran as spin-off, dos impostos que pagan e dos produtos novidosos que desenvolvan.
 

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas