NGC 2440: a pérola dunha anana branca nova

estrela anana branca
Créditos da imaxe: H. Bond (STScI), R. Ciardullo (PSU), WFPC2, HST, NASA; Procesado: Forrest Hamilton.

Explicación: coma unha pérola, unha estrela anana branca brilla mellor despois de ser criada a partir da súa cuncha. Porén, nesta analoxía o Sol sería un molusco e a súa vaíña descartada brillaría como a máis fermosa de todas! Na cuncha superior de gas e po, a nebulosa planetaria chamada NGC 2440 contén unha das estrelas ananas brancas máis quentes coñecida. A brillante pérola estelar pode ser ollada coma o punto brillante preto do centro da imaxe. A porción de NGC 2440 amosada abarca un ano luz aproximadamente. Finalmente, o centro do noso Sol convertirase nunha anana branca, pero non nos próximos cinco mil millóns de anos. A imaxe superior en cores falsas foi captada polo Telescopio Espacial Hubble en 1995. NGC 2440 atópase a uns 4.000 anos luz de distancia cara a constelación meridional Puppis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns

EN DIRECTO | A Coruña vive a eclipse entre nubes, cunha coroa solar apenas visible

A totalidade durou un minuto e 16 segundos na cidade, mentres que noutros puntos de Galicia, como Sigüeiro, durou menos con ceos despexados