Esponxas para conquistar o mundo

– Que ides facer que?

As caras de sorpresa e incredulidade en bancos e institucións públicas foron a norma nos primeiros tempos ante a proposta de negocio de Juan Carlos Mascato e Noelia Torrente, dous licenciados na treintena, el técnico superior de montes, ela arquitecta, determinados a emprender un proxecto de biotecnoloxía claro e de aplicación concreta: cruzar especies da familia do cabazo traídas de África, América e India ata atopar unha variedade propia que permitise producir case que industrialmente esponxas vexetais coma as que se usan nas duchas. Catro anos despois, non dan feito con tantos pedidos.

Publicidade

Juan Carlos e Noelia traballan dende Paradela, en Caldas de Reis (Pontevedra), onde impulsaron Esponjas Vegetales Luffa. “Ó comezo ninguén nos cría”, lembra. Foron pedir un crédito ó banco e non houbo forma. Soamente un xefe de explotacións agrarias e mailo alcalde lles fixeron caso. “O microscopio prestóunolo unha cofradía e o concello ás veces nos deixa un tractor”, comenta Mascato.

“O comenzo ningúen nos cría”, lembran os impulsores. Agora non dan feito con tantos pedidos

O caso é que a idea funcionou. Entre experimentos, cruces e controis xenéticos conseguiron obter unhas colleitas con fibras vexetais de densidade controlada, inmunes ás plagas e con multitude de aplicacións potenciais. “Dende mobles, paneis para os coches ata filtros de auga”, explica Mascato, criado e formado en Alemaña e partidario de que esa idea recurrente de que hai que valorar o monte galego e tirarlle rendemento pase pouco a pouco á realidade. Para iso tratan de ampliar os terrenos de cultivo desta variedade de cabazo –o nome técnico e luffa cilindrica– a base dun modelo coperativo, case didáctico, entre os pequenos propietarios da área.

Publicidade

“O cultivo ten que estar ben tutelado para crear oficio. A xente ten que se enterar de que un agricultor poder ser coma un médico, que non é unha actividade  de pobres. Temos un país cun millón e medio de hectáreas de monte. Deberiamos vivir coma os reis de Europa e que é o que temos? Viño e plantacións industriais de eucalipto, o monte en mans de cowboys”.

Hasta 20.000 hectáreas

Este compromiso ideolóxico vai dando os seus frutos. Polo momento dispoñen de 20.000 hectáreas de cultivo e teñen por horizonte chegar a vender ata 40.000 unidades ó ano.

E todo isto sen subvencións, en parte porque non houbo quen as dese, en parte por principio. “A Xunta algo nos ten proposto, pero como non sabiamos se o producto ía dar, non nos podiamos hipotecar”. Así que foron co posto, coa axuda das familias e aceptando proxectos que permitisen financiar a idea. “O laboratorio era ridículo, enano, con material dos anos 70…”, rememora.

Pero agora o asunto marcha. Cunha colleita que da frutos de 1,60 metros de altura de media, chegan pedidos de todas partes. “Tivemos que ir a Portugal para conseguir uns envases de cartón reciclable”, conta sobre os problemas de subministro, xa solucionados. O futuro promete. “Temos a centos e centos de persoas ofrecéndonos terreo. A ver se nos aplicamos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto