Pharmamar avanza nos EUA co seu fármaco contra o cancro de pulmón

A Axencia de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos (FDA) concedeu á compañía a revisión prioritaria do rexistro da lurbinectedina

A Axencia de Alimentos e Medicamentos dos Estados Unidos (FDA, polas súas siglas en inglés) aceptou e concedeu a PharmaMar a revisión prioritaria á súa solicitude de rexistro do fármaco lurbinectedina para a súa aprobación acelerada no tratamento de pacientes con cancro de pulmón microcítico que progresaron tras unha terapia previa baseada en platino.

A farmacéutica informou este luns á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) de que a data obxectivo para que a FDA emita a súa decisión é o próximo 16 de agosto. PharmaMar presentou a solicitude de rexistro ante a FDA o pasado mes de decembro a partir dos datos dun ensaio de fase II.

Publicidade

O procedemento de “aprobación acelerada” do organismo estadounidense permite presentar a solicitude de rexistro dun novo fármaco a partir dos resultados de investigacións de medicamentos de fase II para o tratamento de enfermidades graves que cobren necesidades médicas non satisfeitas, como o cancro de pulmón microcítico recorrente, cuxo tratamento apenas cambiou en máis de dúas décadas.

Pharmamar avanza na carreira por colocar o novo fármaco nos EUA.

PharmaMar asinou o pasado mes de decembro un acordo de licenza en exclusiva con Jazz Pharmaceuticals para a distribución da lurbinectedina para o cancro de pulmón microcítico nos EUA, nunha operación valorada en ata 1.000 millóns de dólares (900 millóns de euros). Esta alianza con Jazz Pharmaceuticals é o maior acordo comercial da historia de PharmaMar desde a súa creación en 1986.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia, entre as comunidades con máis mortalidade por cancro: estas son as causas da desigualdade

Un informe europeo revela que a taxa de falecementos é maior e a redución de mortes é menor ca en rexións como Madrid e Cataluña

A nova Unidade Mixta da USC avanzará en anticorpos terapéuticos para cancro e doenzas inflamatorias

A iniciativa reúne persoal investigador do CiMUS e a biotecnolóxica SunRock Biopharma para impulsar tratamentos biolóxicos de precisión

Cancro en Galicia: o 36% dos homes e o 25% das mulleres serán diagnosticados antes dos 75 anos

A última actualización do Rexistro Galego de Tumores revela que se detectaron máis de 17.000 en 2023, e sitúa os de próstata e mama como os máis frecuentes

O cribado de cancro de mama reduce á metade as mastectomías necesarias en 20 anos

O programa está destinado a mulleres de entre 50 e 64 anos e busca mellorar a detección temperá da enfermidade