Unha ‘app’ galega para que as mozas non volvan soas a casa

Rapaces do colexio Mendiño de Vigo crean a aplicación Soro, que pon en contacto a mulleres nas zonas de ocio para reunirse ao marcharen

Lamentablemente, volver soa á casa segue sendo un momento de medo e tensión para moitas mulleres. Nos últimos anos xa teñen xurdido algunhas iniciativas para paliar esta situación, entre as que se atopan paradas a demanda no transporte público ou taxis e vehículos VTC dirixidos só a mulleres. E agora, unha idea de tres estudantes do colexio Mendiño de Vigo dá un novo paso: unha aplicación móbil que reúne a mulleres en zonas de ocio mediante xeolocalización para que poidan volver en grupo á casa.

Soro é o nome da ‘app‘, desenvolvida por Pablo Fernández, Carolina Paz e Aroa Veiga, que “favorece estratexias defensivas para mulleres, creando unha comunidade coa que a través da sororidade na vía pública, obteñan unha solución de acompañamento feminino, e improvisado, para disuadir a posibles agresores”, explican os seus creadores, que engaden que “as nosas aliadas son axentes de cambio, é dicir, colectivos feministas, así como organismos da muller”.

Publicidade

Está previsto que a ‘app’ Soro, que por agora é un proxecto por desenvolver, estea dispoñible nos directorios de aplicacións a un prezo de 0,99 euros, garantizando a seguridade das usuarias ao asociar o rexistro coa identificación de iOS ou Android e/ou o perfil das redes sociais como Instagram ou Facebook. Tamén se contempla que Soro vaia engadindo novos servizos, como o intercambio de bens e servizos, organización de eventos, etc.

Desafío emprende

O proxecto de Soro foi elixido como un dos 35 finalistas do premio Desafío Emprende 2019, organizado por Obra Social la Caixa. Esta pasada fin de semana, os alumnos participaron xunto aos outros finalistas no Campus desta iniciativa, que tivo lugar en Barcelona, onde conviviron e aprenderon novas destrezas para mellorar os seus proxectos e desenvolver outros no futuro. Neste encontro participaron tamén os docentes que os acompañaron no traballo.  Os cinco mellores proxectos ganarán ademais unha viaxe formativa a Silicon Valley.

Publicidade

En total presentáronse máis de 1.200 candidaturas de alumnos e alumnas de ESO, Formación Profesional e Bacharelato. A organización valorou os proxectos pola súa orixinalidade, sustento, claridade e pertinencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O sistema inmunitario de homes e mulleres cambia a ritmos diferentes coa idade

Un novo estudo analiza por primeira vez como envellecen as defensas de forma distinta en ambos sexos

Unha nova app de ciencia cidadá facilitará a detección temperá de incendios en Galicia

A Xunta ten previsto o seu lanzamento en xullo e estará integrada cos sistemas de alerta existentes e coa rede de vixilancia con intelixencia artificial

A menstruación condiciona a vida cotiá de máis do 80% das mulleres en España

Un estudo con máis de 4.000 participantes revela que só unha de cada seis logra manter a súa rutina diaria sen cambios durante o ciclo

Dous estudos relacionan ver pornografía violenta coa violencia contra as mulleres

Investigacións lideradas polo Instituto de Saúde Carlos III afirman que o consumo de contido agresivo en ambos os sexos relaciónase cunha maior probabilidade de asumir comportamentos sexuais de risco