Xoves 18 Abril 2024

galaxia

Unha ollada cara M101

Tamén coñecida coma galaxia Tarabela, M101 está a 25 millóns de anos luz de distancia

Wolf-Lundmark-Melotte

Esta galaxia anana solitaria está situada a tres millóns de anos luz da nosa Vía Láctea

O grupo galáctico Hickson 90

O astrónomo canadense Paul Hickson e os seus compañeiros identificaron estes 100 grupos compactos de galaxias

Cúmulo galáctico Abell 370 e máis alá

O cúmulo actúa como unha lente gravitacional, retratado polo telescopio Hubble

A galaxia Hamburguesa

A espectacular imaxe da galaxia espiral de canto NGC 3628

Unha colosal colisión de galaxias

NGC 4038 contra NGC 4039, un cataclismo cósmico que dura centos de millóns de anos

O cometa, o moucho máis a galaxia

O cometa 41P/Tuttle-Giacobini-Kresak posa para un momento Messier

Cúmulo de galaxias Abell 2666

A xigante galaxia elíptica NGC 7768 domina este afastado cúmula galáctico

UGC 12591: a galaxia de rotación máis rápida coñecida

Xira a 480 kms/s, unha velocidade que supón que teña unha masa enorme para manterse unida

NGC: 3621: moito máis alá do Grupo Local

O telescopio Hubble retrata esta afastada galaxia fóra do selecto club onde se atopa a Vía Láctea

Galaxia de anel polar NGC 660

A 40 millóns de anos luz, a aparencia peculiar de NGC 660 caracterízaa como unha galaxia de anel polar

A galaxia Toniña dende o Hubble

O telescopio espacial retrata esta galaxia que está a revirarse pola forza gravitacional

Unha colisión de galaxias

A enorme galaxia elíptica NGC 1316 choca coa veciña máis pequena NGC 1317

Galaxias peculiares de Arp 273

Os núcleos brillantes das galaxias Arp 273 están afastados só por uns 100.000 anos luz

Nubes de Andrómeda

A fermosa Andrómeda, tamén coñecida coma M31, é a galaxia espiral máis achegada a nós

A galaxia Roda de Carreta

O telescopio espacial Hubble retratou esta singular estrutura galáctica