O cometa, o moucho máis a galaxia

Créditos da imaxe e copyright: Barry Riu
Créditos da imaxe e copyright: Barry Riu

Explicación: o cometa 41P/Tuttle-Giacobini-Kresak posa para un momento Messier nesta instantánea telescópica do 21 de marzo. De feito, comparte o campo de vista de 1 grao de anchura con dúas entradas ben coñecidas do famoso catálogo do século XVIII do astrónomo cazador de cometas. Atravesando os ceos primaverais setentrionais xusto por baixo do Setestrelo, o feble cometa verdello estaba a uns 75 segundos luz do noso fermoso planeta. A poeirenta galaxia espiral Messier 108, vista de canto abaixo no centro, está a máis de 45 millóns de anos luz de distancia. Na parte superior dereita, a nebulosa planetaria cunha estrela central vella pero moi quente Messier 97, semellante a un moucho, está só a uns 12 mil anos luz de distancia, aínda ben dentro da nosa propia galaxia da Vía Láctea. O débil cometa periódico, nomeado polo seu descubridor e re-descubridores, albiscouse por primeira vez en 1858 a non se detectou de novo deica 1907 e 1951. A coincidencia nos cálculos orbitais indicaron que o mesmo cometa se observara en intres moi afastados. Preto da súa mellor aparición e o encontro máis achegado á Terra nuns 100 anos o 1 de abril, o cometa 41P orbita ao Sol cun periodo duns 5,4 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo da UDC reconstrúe 10 millóns de anos de historia dun cometa interestelar

A investigación, liderada polo CITIC, amosa como foi a traxectoria do astro na Vía Láctea, recoñecido como o terceiro obxecto interestelar detectado

Como ver dende Galicia o novo cometa que cruzará o ceo esta semana

O corpo celeste ATLAS C/2024 S1 será visible ata o día 21 de xaneiro á altura da constelación de Capricornio

Unha imaxe para lembrar o paso do cometa do século por Galicia

Tsuchinshan-ATLAS (C/2023 A3) foi visible dende a comunidade, coincidindo xusto cun episodio de auroras boreais

Chega a conta atrás para ver o cometa do século

Para poder gozar deste espectáculo a simple vista, os afeccionados deberán localizar primeiro a constelación de Leo