Wolf-Lundmark-Melotte

Créditos da imaxe: ESO, VST/Omegacam Local Group Survey
Créditos da imaxe: ESO, VST/Omegacam Local Group Survey

Explicación: baptizada polos tres astrónomos que procederon ao seu descubrimento e identificación, Wolf – Lundmark – Melotte (WLM) é unha galaxia anana solitaria. Ollada cara a constelación Cetus, na súa maior parte meridional, a uns 3 millóns de anos luz da Vía Láctea, é un dos membros máis remotos do noso grupo local de galaxias. De feito, poida que endexamais interactuara con outra galaxia do grupo local. Con todo, as rexións de formación estelar coa súa desveladora cor rosa e as estrelas novas e quentes, de azul, zarrapican o aillado universo illa. As estrelas máis quentes, frías e amarelas, esmorecen dentro do pequeno halo galáctico que se estende uns 8.000 anos luz de diámetro. Este retrato definido de WLM captouse coa cámara de campo amplo OmegaCAM mailo telescopio de exploración do Observatorio Paranal do ESO.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027