Galicia arrinca a vacinación contra a gripe e a covid o 25 de setembro

A Consellería de Sanidade confirma que a campaña de 2023 se prolongará ata o 31 de decembro e se levará a cabo en diferentes centros

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou esta mañá a Campaña de vacinación conxunta fronte á gripe e a covid 19, que comezará o vindeiro día 25 de setembro, e que se prolongará ata o 31 de decembro. Segundo explicaron no acto de presentación, haberá dous tipos de vacinas contra a gripe: unha tetravalente para toda a poboación menor de 80 anos, e outra de alta carga para as persoas de 80 e máis anos e para os usuarios das residencias de maiores con 60 ou máis anos. Tamén conta cunha nova vacina fronte á covid-19 adaptada ás cepas circulantes.

Tal e como se detallou na rolda de prensa, a campaña de vacinación levarase a cabo en diferentes puntos de vacinación e, ao igual que en campañas anteriores, o inicio será secuencial para favorecer a priorización dos colectivos con maior risco. Así, as persoas institucionalizadas en residencias de maiores e centros de discapacidade serán vacinadas a partir do 25 deste mes na súa contorna por equipos específicos, ofrecendo a vacina fronte á gripe e a covid.

Publicidade

Pola súa parte, os servizos de atención primaria (centros cabeceira) administrarán a vacina fronte a gripe e a covid-19 ás persoas de 80 e máis anos, que serán citadas proactivamente mediante unha mensaxe de texto. Así mesmo, vacinaranse a domicilio ás persoas inmobilizadas que pertenzan aos grupos diana. Os hospitais públicos disporán de doses da covid-19 e gripe para a vacinación dos grupos de alto risco.

Ademais, habilitaranse grandes recintos, ao longo do mes de outubro, nas áreas sanitarias e distritos para a vacinación conxunta fronte á gripe e a covid-19 dos menores de 80 anos. Estas persoas tamén serán citadas de forma proactiva mediante unha mensaxe de texto. Os puntos de vacinación da gripe habituais como son os centros de saúde, hospitais, centros privados, residencias, e mutuas, só administrarán a vacina fronte á gripe. Nestes puntos, o paciente pedirá a cita cando corresponda segundo a secuencia establecida.

Publicidade

Campaña de inmunización contra o virus sincitial

Xunto ao anteriormente sinalado, os representantes da Consellería de Sanidade incidiron en que o próximo día 25 a Xunta comezará coa campaña de inmunización fronte ao virus respiratorio sincitial (VRS). Esta é unha das novidades principais do novo Calendario de inmunización ao longo de toda a vida, do Programa Galego de Vacinación. Segundo explican dende a Xunta, Galicia foi a primeira rexión do mundo en anunciar a vacinación fronte ao VRS como parte do Programa Galego de Vacinación de 2023, decisión que despois foi seguida por outras comunidades autónomas.

A inmunización fronte ao VRS, consiste na administración dun anticorpo monoclonal (nirsevimab), nas seguintes situacións:

  • Neonatos tras o nacemento. Serán vacinados no hospital nas primeiras 24-48 horas de vida aqueles que vaian nacendo dende o 25 de setembro de 2023 e durante a campaña. Farase unha recaptación dos lactantes nados dende o 1 de abril de 2023, que serán inmunizados nas dúas primeiras semanas do mes de outubro. Citaranse vía SMS no hospital público de referencia. Aqueles que non acudan, poderán inmunizarse durante as dúas últimas semanas do mes de outubro no centro de cabeceira de servizo de atención primaria correspondente.
  • Nenos/as prematuros/as, nados dende o 1 de outubro de 2022. Serán citados dende as áreas sanitarias no hospital público de referencia, a partir do 25 de setembro de 2023.
  • Nenos/as con condicións de alto risco (cardiopatías conxénitas, displasia broncopulmonar, etc): recibirán, ademais da dose na primeira tempada, outra dose na segunda, sempre e cando non teñan cumpridos os 24 meses. Serán citados dende as áreas sanitarias no hospital público de referencia a partir do 25 de setembro de 2023.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia amplía ata os 25 anos a vacinación en varóns contra o virus do papiloma humano

A medida impulsada pola Dirección Xeral de Saúde Pública, que entrará en vigor o 25 de maio, consistirá na administración dunha soa dose

Por que o hantavirus esperta os medos da pandemia: “A covid deixounos unha memoria emocional”

Os psicólogos galegos Fernando Vázquez, Paula Marcos e Rosa Cerqueiro analizan como o cerebro atribúe riscos a escenarios actuais baseándose en experiencias pasadas

Como se detecta o hantavirus: así funcionan as probas de laboratorio mediante PCR

As autoridades estadounidenses notifican un “positivo leve” nun dos repatriados, aínda que Sanidade sostén que non presenta sintomatoloxía concluínte

Galicia amplía a cobertura da vacina reforzada contra a gripe e adianta a do sarampelo aos dous anos

A inmunización contra o virus respiratorio comezará a administrarse na próxima campaña á poboación xeral de entre 65 e 69 anos