O uso de máscara reduce máis dun 50% o risco de transmisión da Covid-19, di unha análise global

Unha metaanálise de máis de 70 estudos publicada no "The British Medical Journal" abordou a efectividade das diversas medidas non farmacolóxicas

Unha metaanálise realizada a nivel mundial e publicada este xoves por The British Medical Journal constata como as medidas de saúde pública destinadas a reducir a incidencia e a mortalidade causada pola Covid-19, así como a transmisión do coronavirus SARS-CoV-2, teñen un impacto real en conter a actual pandemia. Os resultados fanse públicos nun contexto no que, coa chegada do outono, boa parte de Europa está a afrontar unha nova vaga que afecta principalmente á franxa da poboación non vacinada e especialmente vulnerable á enfermidade.

A revisión de decenas de estudos observou unha redución estatisticamente significativa do 53% na incidencia da Covid-19 polo uso de máscara e dun 25% co distanciamento físico.

Publicidade

Segundo os seus autores, o estudo engade novas evidencias que reforzan a idea de que “as medidas persoais e sociais, como o lavado de mans, o uso de máscara e a distancia física son efectivas e reducen a incidencia da Covid-19″. E, por outra banda, o traballo incide na necesidade de abordar con precaución outras restricións máis estritas, como os peches de fronteiras, centros educativos ou lugares de traballo, “sopesando os posibles efectos negativos na poboación”.

Esta nova revisión enche algúns dos baleiros na información dispoñible, que impedía tirar conclusións sólidas sobre a efectividade das medidas non farmacolóxicas. Para conseguilo, os investigadores buscaron nas bases de datos estudos que avaliasen o efecto destas precaucións. Foron, en total, 72 estudos, dos que 35 analizaban medidas individuais e outros 37, múltiples decisións de saúde pública, realizados nos cinco continentes.

Publicidade

Con todo, os propios investigadores que asinan o traballo advirten das limitacións dos resultados, apelando a que “son precisos máis estudos” para reforzar as evidencias observadas, aínda que conclúen que os datos das súas observacións son sólidos.


ReferenciaEffectiveness of public health measures in reducing the incidence of covid-19, SARS-CoV-2 transmission, and covid-19 mortality: systematic review and meta-analysis (Publicado en The British Medical Journal).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máscaras FFP2 como norma permanente en sanidade? Isto é o que din os expertos

Máis de medio cento de científicos solicitan á OMS que estableza a protección respiratoria de alta filtración como estándar en todas as contornas clínicas

Que é a variante Frankestein? Síntomas e cando chegará a Galicia

"Non é unha ameaza", asegura a inmunóloga África González, que considera que o nome non está vinculado coa aparición de casos máis graves

A covid pode provocar placas semellantes ás do alzhéimer nos ollos

Os estudos relacionan a néboa mental tras o coronavirus e a acumulación de beta amiloides no sistema nervioso central

Madrid, Portugal e EEUU: esta é a procedencia das distintas variantes da covid en Galicia

O grupo de Filoxenómica do CINBIO, pertencente ao consorcio EPICOVIGAL, amosa nun artigo científico a orixe e introdución de alfa, delta e ómicron na comunidade galega