Un hospital galego transplanta un corazón a un menor tras dous meses conectado a un artificial

​A madrugada do pasado día sete de setembro, o equipo médico de Cirurxía Cardíaca Infantil do Hospital Público Universitario da Coruña levou a cabo con éxito o primeiro transplante cardíaco infantil nun menor con asistencia ventricular minimamente invasiva (é dicir, cun corazón artificial).

Deste xeito, o Hospital Público Coruñés convértese no primeiro centro, dos seis de toda España con programa de transplante cardíaco infantil, en abordar cunha asistencia ventricular mediante técnica minimamente invasiva un transplante cardíaco infantil nun neno.

Publicidade

Esta técnica é utilizada en adultos con problemas cardíacos graves xa que facilita que, á espera dun órgano compatible co receptor, este chegue ao transplante nunhas condicións óptimas. Neste sentido, o Hospital Público Universitario da Coruña atesora unha importante experiencia en adultos, o que permitiu abordar esta complicada técnica nun menor, coas máximas garantías.

Implante do corazón artificial

O implante da asistencia ventricular minimamente invasiva realizase mediante unha pequena incisión na parte lateral esquerda do tórax, a continuación localízase a punta do corazón e introdúcese unha cánula que extraerá o sangre do paciente para posteriormente, a través dunha punción na arteria femoral, devolvela ao torrente sanguíneo coa presión axeitada permitindo unha correcta perfusión dos órganos. Con este dispositivo conséguese sustituir a función do corazón en condicións óptimas á espera da aparición dun órgano compatible.

Publicidade

O paciente transplantado

O paciente transplantado, un rapaz de 14 anos de fora da comunidade autónoma, atopábase de vacacións en Vigo cando sufriu un síncope en plena rúa, sendo trasladado de urxencia ao hospital cunha disfunción ventricular que provocou unha insuficiencia cardíaca aguda. Posteriormente é trasladado ao Hospital Público Universitario da Coruña para implantarlle un dispositivo de asistencia ventricular que suplira a función cardíaca.

Nese intre entra en urxencia para un transplante e permanece dous meses ingresado na Unidade de Coidados Intensivos Pediátricos do centro sanitario coruñés ata que aparece un órgano compatible i é transplantado.

Ao mesmo tempo, e ao ser un paciente doutra comunidade autónoma, actívase o protocolo do programa “Hogar de Corazones”, financiado integramente pola Fundación María José Jove, que permite o aloxamento dos seus familiares sen coste algún nos hoteis da cidade destinados a tal fin.

A intervención cirúrxica foi todo un un éxito e 10 días despois o paciente foi dado de alta no hospital realizando o seguimento da súa evolución de xeito ambulatorio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo de Santiago publica un estudo pioneiro para tratar unha complicación da enfermidade de Crohn

O ensaio clínico realizado polo IDIS e o CHUS avalía un innovador fármaco oral que amosa resultados preliminares positivos

Investigadores analizan macroalgas verdes mariñas para impulsar a súa valorización en Galicia

Un equipo da UVigo estuda os polisacáridos do xénero Codium da costa galega como fonte de novos ingredientes funcionais

O científico Antonio Salas, premio da Crítica de Galicia

O catedrático da USC recibiu o galardón na modalidade de investigación en ciencias e tecnoloxía
00:06:28

Un microscopio feito a medida para estudar nanopartículas individuais

Investigadores do CINBIO incorporan un equipo hiperespectral de campo escuro sen equivalente comercial, capaz de medir moléculas que ata agora só se podían analizar en conxunto