Un estudo galego demostra que o consumo de substancias é un factor de risco do suicidio

Os investigadores aseguran que ten máis prevalencia en zonas rurais e que o cometen máis os homes que as mulleres

Un estudo publicado recentemente na revista Frontiers in Psychiatry vén de demostrar que o consumo de substancias é un factor de risco de suicidio. Así o conclúe un equipo multidisplinar, despois de analizar unha serie de datos sobre as catro provincias de Galicia entre os anos 2006 e 2020. A investigación forma parte dun proxecto no que participan os investigadores Gerardo Flórez, da Unidade de Tratamento de Adiccións do Hospital de Ourense, e Teresa Seoane Pillado, da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). No estudo tamén colaborou persoal do Plan Nacional sobre Drogas e varios psiquiatras con experiencia no campo a estudo.

O suicidio é a primeira causa de morte en persoas con trastorno por uso de substancias. O risco de morte por suicidio en persoas que consomen alcol é 10 veces maior que entre a poboación xeral e 14 máis no caso doutras substancias psicoactivas. Os profesionais destacan, de maneira especial, o papel do alcol, non só como factor de risco senón como factor precipitador da conduta pola súa función desinhibidora e a afectación executiva que produce a intoxicación.

Publicidade

O estudo desvelou que o suicidio consumado prevalece máis en zonas rurais e que se comete máis entre home que entre mulleres. A explicación reside en que estas persoas non adoitan buscar axuda nos profesionais da saúde para afrontar problemas mentais e o estrés. Seguramente por estes motivos, Lugo é a provincia con maior taxa de suicidio das catro galegas.

“Necesítase prevención e estratexias de tratamento”, explica Gerardo Flórez nun comunicado da Sociedade Científica Española de Estudos sobre o Alcol, o Alcolismo e outras Toxicomanías. “A prevención universal pode ser útil para reducir os consumos entre a poboación xeral e por tanto a incidencia dos trastornos por uso de substancias”, argumenta. “Como puidemos ver, a intoxicación por consumo de alcol e/ou outras drogas pode precipitar a conduta suicida, polo que intervir na prevención dos consumos, pode reducir tamén as taxas de suicidio”, conclúe o experto.

Publicidade

Ademais, tras a análise socioeconómica e tras a influencia da crise do 2008, as taxas de suicidio non foron significativamente maiores, como se podía crer en principio, senón que tivo un efecto menor. Hai, por tanto, outras cuestións que inflúen moito máis, como é o consumo de substancias. Os autores conclúen que reducir as taxas de consumo, axudaría a reducir as taxas de mortes por suicidio en Galicia, segundo o observado nese estudo durante ese período de tempo.


Referencia: Suicide deaths and substance use in the Galician provinces between 2006 and 2020 (Publicado en Frontiers in Pshychiatry)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres sinais para anticipar o risco de condutas suicidas no TOC: este é o achado dun estudo galego

Investigadoras do CiMUS, CiTIUS e Hospital de Bellvitge identifican factores clave que poderían mellorar a detección temperá en persoas con trastorno obsesivo-compulsivo

Un equipo da Coruña crea un modelo en 3D para entender a endometriose e mellorar o seu diagnóstico

O obxectivo é comprender as características moleculares da enfermidades para probar novas dianas terapéuticas e identificar biomarcadores que axuden na súa detección

A UDC propón unha combinación de fármacos contra unha das bacterias máis resistentes aos antibióticos

O equipo investigador identificou unha molécula como unha candidata prometedora para actuar contra infeccións intracelulares

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas