Así funciona o primeiro fármaco elaborado a partir de feces sas

Unha soa dose do tratamento pode previr unha infección recorrente do intestino, segundo informa a revista NewScientist

A Administración de Alimentos e Medicamentos (FDA) dos Estados Unidos acaba de aprobar o primeiro tratamento elaborado a partir de feces sas para tratar as infeccións que ocasiona a bacteria Clostridiodes difficile en adultos. Segundo avanza a revista NewScientist, as opcións para abordar esta doenza son limitadas, polo que este novo biofármaco abre unha esperanza para os pacientes e tamén unha porta para a ciencia, posto que unha soa dose pode servir para previr a infección recorrente. “Baséase nunha suspensión de bacterias illadas de feces humanas de portadores sans. A suspensión bacteriana é administrada nos pacientes mediante un enema de 150 mililitros“, explica o microbiólogo Manuel Sánchez Angulo, da Universidade Miguel Hernández, nun artigo publicado en The Conversation.

Alteración da microbiota

O novo tratamento, o primeiro do seu tipo, servirá para tratar as infeccións Clostridiodes difficile. Os doentes adoitan presentar diarrea, dor abdomnal, febre e incluso insuficiencia orgánica. Ademais, o pode derivar nunha colite. Segundo explican en NewScientist, a meirande parte das infeccións prodúcense durante a toma de antibióticos. Isto débese a que este tipo de medicamentos non só actúan contra os xermes daniños, senón tamén contra os beneficiosos para o organismo, alterando a microbiota intestinal. Como os seus efectos poden durar meses, se a persoa afectada entre en contacto coa bacteria, pode enfermar. A enciclopedia Medline Plus indica que a infección propágase cando as persoas entran en contacto con alimentos, superficies ou obxectos contaminados con feces afectadas.

Publicidade

As infeccións causadas pola bacteria non teñen moitas opcións terapéuticas. Entre elas, unha nova administración de antibióticos e, nos casos máis graves, a hospitalización. Ademais, as persoas que contraeron a doenza teñén posibilidades de recaída, polo que é preciso buscar tratamentos que eviten a reinfección. Ás veces tamén se pode recorrer ao transplante fecal, que tamén implica serios inconvenientes, segundo apunta Sánchez Angulo. Entre eles, a minuciosidade á hora de analizar as mostras fecais para evitar que estean contaminadas con outros patóxenos ou a dificultade de atopar un doante, dada a variabilidade da microbiota. “O tratamento por este tipo de infeccións podería simplificarse cun biofármaco capaz de desprazar o organismo patóxeno“, indica no seu artigo. Neste contexto, a nova terapia aprobada pola FDA é unha opción esperanzadora.

Máis medicamentos

O fármaco comezouse a xestar hai anos, no seo dunha pequena empresa estadounidense denominada Rebiotix, segundo narra o microbiólogo. Debido aos resultados positivos dos seus primeiros ensaios, a farmacéutica suíza Ferring decidiu adquirir a empresa en 2018. A multinacional tiña os fondos necesarios como para impulsar un estudo en fase 3. “En maio de 2021 presentaron os resultados positivos e solicitaron a avaliación da FDA”, indica o experto. E o visto e prace da institución estadounidense acaba de comunicarse recentemente, converténdose así no primeiro fármaco do seu tipo. De todas formas, é probable que non sexa o único do mercado.

Publicidade

Segundo explica Sánchez Angulo, a primeira empresa en comezar a desenvolver este tipo de biofármacos foi Seres Therapeuthics. En 2015 conseguiu un investimento millonario de Nestlé para deseñar os ensaios clínicos, cuxos resultados non foron os esperados. A empresa seguiu traballando no redeseño da súa proposta, de novo financiada por Nestlé, ata que acadaron os resultados positivos que esperaban. De feito, prevese que en 2023 tamén consigan o permiso da FDA, polo que xa serán dous os medicamentos dispoñibles para tratar as infeccións por Clostridiodes difficile. “Seguro que non é o único nin o último medicamento”, escribe Sánchez Angulo, que cre que este tipo de fármacos poderían servir nun futuro para tratar outras doenzas e, incluso, estar implicados en terapias rexenerativas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Novas claves para entender por que os cerebros dos ‘superanciáns’ non envellecen

Un recente descubrimento engade novos detalles sobre a natureza excepcional dos cerebros dos superdotados sénior

Por que estudamos mutantes en bioloxía?

En bioloxía, usamos mutantes para entender como funcionan as células e que pasa cando algo falla

España continuará pescando anguías ata a súa extinción

Desde 1980 a súa poboación derrubouse. A pesar desa pésima situación, a especie é aínda obxecto de pesca comercial e véndese e consómese con normalidade

Non estamos cumprindo o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 17, e é imprescindible para lograr o resto

Os ODS, definidos no 2015 na Axenda 2030, só se poden conseguir con asociacións mundiais sólidas e cooperación para garantir que ninguén quede atrás no noso camiño cara ao desenvolvemento