Un carballo galego, no podio do concurso ‘Árbore do ano en España’

Está situado en Pontevedra e consegue o terceiro posto, por detrás detrás dunha aciñeira cántabra e dun plataneiro valenciano

Na parroquia pontevedresa de Mourente, aos pés da ermida de Santa Margarita, eríxese un maxestoso carballo (Quecus robur) de máis de 500 anos de antigüidade. A árbore, que conta cunha altura de máis de 18,4 metros e un tronco que acada os 8,5, é fonte de numerosas lendas e protagonista da cultura popular do lugar. Agora, a súa relevancia medioambiental e histórica queda demostrada por ser finalista do concurso “Árbore do Ano en España”. Máis en concreto, ostenta un terceiro posto con 2.830 votos, só por detrás da aciñeira do Monte da Redonda (6.128 votos), situada en Catabria e gañadora do concurso; e do plataneiro Biar (4.975), en Valencia.

Segundo se recolle na páxina web do concurso, o carballo de Santa Margarita é unha árbore lendaria. Dise que é o único supervivente dunha carballeira ancestral onde os druídas realizaban bautismos de lúa. Igualmente pénsase que os seus irmáns foron talados para construír a nao Santa María, que habería de acompañar ao almirante Cristóbal Colón na súa primeira viaxe a América. Tamén transcende que a mediados do século XX se converteu en paredón de fusilamento e que aínda se aprecian no seu tronco as cicatrices das balas. O certo é que dende os anos 70 sofre unha “progresiva deterioración” porque se cubriu a zona onde habita cunha capa de asfalto.

Publicidade

1 comentario

  1. O asfalto é coma o chapapote tende a cubrirlo todo sen respectar a vida ….
    Longa vida ao noso petrucio carballo !

    Ah , plataneros ou plátanos de sombra …?

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia ten 200.000 hectáreas máis de frondosas que de eucaliptos

Os bosques de carballo, castiñeiro e bidueiro ocupan a meirande parte da superficie arborada, segundo o Inventario Forestal Continuo

Nace ‘Carballo’, o primeiro modelo lingüístico de intelixencia artificial en galego

O novo sistema da USC permitirá a creación de novas ferramentas e aplicacións de IA xerativa ao abeiro do proxecto Nós

Cal é a importancia do carballo de Conxo, candidato a Árbore do Ano en Europa?

Máis de 70.000 votos sitúano en segundo lugar, só por detrás da candidatura polaca, a tan só dez días de que remate o concurso

A Xunta engade Pontevedra e Ponteceso ás áreas de risco da Covid-19

Galicia rexistra o maior aumento de casos novos das últimas semans, 332, ao engadir boa parte das infeccións detectadas na residencia de Outeiro de Rei