Ter un vocabulario rico protexe contra a demencia senil

Algunhas persoas sofren demencia incipiente cando van cumprindo anos. Para evitar dita perda, a reserva cognitiva do cerebro ponse a proba. Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela estudaron que indicadores inflúen en mellorar esta habilidade e conclúen que ter máis vocabulario é un deles. Denomínase reserva cognitiva á capacidade que ten o cerebro de compensar a perda das súas funcións. Esta reserva non se pode medir directamente, senón que se calcula a través de indicadores que se considera que aumentan dita capacidade. Xa se sabía que as persoas bilingües están máis protexidas contra a demencia senil. Agora quedan retratados os beneficios do diccionario.

O vocabulario considérase un indicador de ‘intelixencia cristalizada’

A investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) estudou como inflúe ter un amplo vocabulario na reserva cognitiva das persoas maiores. “Centrámonos no nivel de vocabulario, tendo en conta que se considera un indicador da intelixencia cristalizada [o uso das habilidades intelectuais xa aprendidas]. O que pretendiamos era afondar na súa relación coa reserva cognitiva”, declarou á axencia SINC Cristina Lojo Seoane, da USC, coautora do traballo que publica a revista ‘Anales de Psicología’.

Publicidade

O equipo de investigación seleccionou unha mostra de 326 persoas maiores de 50 anos, unhas delas sans e outras con deterioro cognitivo lixeiro. Posteriormente mediron o seu nivel de vocabulario, xunto con outras medidas como os anos de escolarización, a complexidade laboral e os hábitos de lectura.

Os voluntarios foron sometidos á Escala de Wechsler e ó test de Peabody

Ademais, analizaron as puntuaciones obtidas nas diferentes probas, como o subtest de vocabulario Escala Wechsler de Intelixencia para Adultos (WAIS, polas súas siglas en inglés) e o test de vocabulario de imaxes Peabody.

Publicidade

“Cunha análise de regresión, calculamos a probabilidade de que houbese deterioro en función do nivel de vocabulario que tiñan os participantes”, asegura Lojo Seoane.

Os resultados mostraron maior prevalencia de deterioro cognitivo lixeiro naqueles participantes que obtiuvieron unha menor puntuación de nivel de vocabulario. “Isto levounos a concluír que un maior nivel de vocabulario, como medida de reserva cognitiva, pode ser protectora fronte ao deterioro cognitivo”, conclúe a investigadora.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O Living Lab de Vigo pon en marcha o testeo colaborativo de solucións tecnolóxicas para a saúde

O proxecto internacional conta con oito propostas innovadoras en desenvolvemento para tratar pacientes con Alzheimer e demencia

Unha análise de sangue e un novo escáner cerebral detectan sinais de alzhéimer anos antes dos síntomas

Os resultados de dous estudos publicados en 'The Lancet' abren novas posibilidades para mellorar o diagnóstico precoz da enfermidade neurodexenerativa

Así se distribúen os recursos contra a demencia: este é o mapa por concellos en Galicia

A plataforma dixital Demgal permite localizar centros e servizos sociosanitarios en toda a comunidade e facilita a orientación de pacientes e familias

Non todas as formas de sentar son iguais: actividades para mellorar a saúde cerebral dende o sofá

Unha revisión de 85 estudos amosa que tarefas como ler ou xogar ás cartas fortalecen a memoria e a función executiva