O sistema sanitario galego capta 1,8 millóns para formalizar 21 contratos de investigación

A Acción Estratéxica en Saúde 2020 do Instituto Carlos III achega financiamento aos centros de investigación biomédica en Galicia

A convocatoria estatal da Acción Estratéxica en Saúde 2020, que convoca o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII), achegará ao sistema sanitario de Galicia un total de 1.878.522 euros cos que se poderá financiar a contratación de 21 profesionais de diferentes áreas e recoñecida traxectoria no eido da investigación, segundo informou a Xunta de Galicia este mércores.

A liña de financiamento, que ten por obxecto a concesión de subvencións dirixida ao financiamento de unidades vinculadas ás Plataformas ISCIII de apoio á I+D+i en Biomedicina e Ciencias da Saúde, fará posible que as fundacións que xestionan a investigación sanitaria en Galicia dispoñan de novo persoal: o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) contará cun total de 15 novos contratos, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic) poderá realizar 4 contratos, o Instituto de Investigación Biomédica Galicia Sur contará con 1 contrato e a Fundación Pública galega de Medicina Xenómica tamén con 1 contrato.

Publicidade

Pola súa parte, nunha nota de prensa, o IDIS de Santiago destacou que o financiamento recibido supón un incremento do 36,6% no número de investigadores respecto ao ano anterior, cunha porcentaxe de éxito superior ao 50% nas solicitudes realizadas, representando un 70% do total en Galicia.

O organismo baseado en Compostela é o maior centro de investigación sanitaria do país, con máis de 1.200 profesionais integrados en case 94 grupos que abranguen disciplinas como a endocrinoloxía, as neurociencias, plataformas e metodoloxía e a inflamación. Segundo o director científico do IDIS, José Castillo, o centro márcase un horizonte competitivo cara ao ano 2025, no que se marcarán “unha serie de obxectivos estratéxicos que pasan, fundamentalmente, por manter o incremento de todos os indicadores de actividade, estabilizar o talento dos investigadores e o persoal técnico e estar máis preto da sociedade”.

Publicidade

Neste sentido, di Castillo, “os nosos grupos de influencia e o conxunto da sociedade deben percibir a importancia do traballo de investigación e o noso papel de enlace coa industria e a medicina asistencial, ese é o camiño da excelencia”. Entre os desafíos, o investigador tamén expón a necesidade de “facer máis efectiva a integración da área sanitaria de Lugo, con máis infraestruturas e colaboracións con centros de referencia e incrementar espazos para favorecer o desenvolvemento de proxectos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo do IDIS identifica proteínas asociadas coa arritmia sostida máis frecuente na poboación

O traballo, dirixido por Sonia Eiras, recibe o premio á mellor comunicación oral do Congreso da Sociedade Española de Cardioloxía 2026

O ictus vai máis alá das portas do hospital

Actuar rapidamente salva vidas, pero tamén é importante acompañar as persoas afectadas moito despois da fase aguda. Por Francisco Campos

Da diabetes a novos biomarcadores: así serán os temas do Congreso de Endocrinoloxía e Nutrición en Santiago

O IDIS participa cunha investigación sobre a obesidade e as súas complicacións metabólicas e unha análise comparativa do risco nutricional hospitalario, entre outras achegas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%