O Sergas recibe un premio europeo en Bruxelas pola súa estratexia de innovación

O Consello Europeo de Innovación galardoou á Administración autonómica co 1º premio na categoría de estratexia de adquisicións na contratación pública

O Consello Europeo de Innovación (EIC), institución da Unión Europea que promove o desenvolvemento das tecnoloxías punteiras nos países membros, galardoou este xoves en Bruxelas ao Servizo Galego de Saúde nos I Premios Europeos á Contratación Pública de Innovación. O EIC recoñeceu o traballo da Administración autonómica na categoría de estratexia de adquisicións, na que se premian iniciativas a longo prazo que desencadean diferentes adquisicións de innovación, solucións e prácticas sostibles.

Estes galardóns teñen como obxectivo darlle visibilidade á importancia dunha estreita cooperación entre o comprador e o provedor para levar as solucións innovadoras ao mercado. O galardón obtido polo Sergas é un dos catro premios do Consello Europeo de Innovación 2021 que se celebran e que dan forma ao futuro da innovación en Europa, xunto co Premio da UE para Mulleres Innovadoras, os Premios Capital Europea da Innovación e o Concurso Europeo de Innovación Social.

Publicidade

https://twitter.com/EUeic/status/1463865858833453057

https://twitter.com/ACIS_sergas/status/1463845740074131472

Publicidade

Tal e como destaca o Sergas a contratación de innovación é estratéxica dentro das políticas da Unión Europea para modernizar o sector público con solucións de maior calidade e contribúen directamente á competitividade dos países, ao abrir unha ruta ao mercado para novos actores, especialmente as PEMEs. Tamén axudan ás empresas máis grandes a levar produtos innovadores ao mercado, estimulando o crecemento empresarial transfronteirizo e a creación de postos de traballo. A contratación de innovación tamén serve para abordar as necesidades sociais máis urxentes.

INNO-AHA

O EIC premiou a candidatura presentada polo Sergas a través da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), que levaba por lema O camiño galego de innovación en busca da contratación pública de solucións innovadoras para un envellecemento activo e saudable (INNO-AHA, polo seu acrónimo en inglés).

A proposta amosa o traballo que desde 2012 desenvolven a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde pola compra pública innovadora con proxectos como Hospital2050 e Innovasaúde, Código100 e proxectos actualmente en marcha como Innova MicroLab, INNOVATRIAL ou LABSAÚDE −o primeiro living lab de saúde do Servizo Galego de Saúde no Hospital Universitario de Ourense−.

O Living Lab de Ourense, pioneiro dunha rede galega que testará terapias innovadoras

O proxecto INNO-AHA inclúe o recoñecemento de Galicia como unha das rexións de referencia europea no desenvolvemento, a adopción e escalado de prácticas innovadoras para un envellecemento activo e saudable (EIP on AHA Reference Site con 4 estrelas).

Para obter o galardón, a iniciativa do Sergas pasou por varias fases. Coñecéronse nun primeiro momento seis candidaturas finailistas

O proceso para a obtención do prestixioso premio constou de varias fases. En setembro, coñecéronse as 6 candidaturas finalistas: INNOSPRINT DIH (Francia); INNO-AHA SERGAS (España); NCBR-IS (Polonia); RESAH INNOVATION (Francia); Smartiago (do Concello de Santiago de Compostela); WBL PCP e PPI (Países Baixos). Pasou ao final, xunto ao Sergas, o proxecto polaco.

Ademais do recoñecemento do EIC, o Sergas, como gañador, unirase a un grupo de compradores pioneiros para mostrar a súa experimentación e promover experiencias de outros compradores, como, por exemplo, para aprender sobre novos enfoques a través do intercambio de boas prácticas, iniciativas, ideas e innovacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Da pandemia á economía circular: así nace o proxecto REHEAL para reducir os residuos sanitarios

O SERGAS participa xunto a outros sistemas europeos nun consorcio que impulsa cadeas de subministración máis sostibles

Unha tatuaxe para curar as uñas: a técnica galega para mellorar o tratamento das enfermidades ungueais

Un equipo da USC desenvolve un método minimamente invasivo que aumenta a eficacia terapéutica para patoloxías como a psoriase

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida

O Sergas empregará IA para apoiar a análise de imaxes clínicas

O obxectivo é examinar anualmente 1,5 millóns de radiografías de tórax, 150.000 de cribados citolóxicos, 100.000 probas oftalmolóxicas e 40.000 para a detección de cancro de mama e próstata