Santiago crea o primeiro banco de leite humano en Galicia

O Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) contará co primeiro banco galego de leite materno. A Fundación María José Jove financia a compra de dúas pasteurizadoras, fundamentais para o seu desenvolvemento, achegando os 34.500 euros necesarios.

Felipe Jove visita o CHUS para asinar o acordo co Sergas.
Felipe Jove visita o CHUS para asinar o acordo co Sergas.

O Banco de leite humano do CHUS, que entra xa en funcionamento, formará parte da área de Neonatoloxía e está previsto que poida abastecer a toda a poboación do norte e centro da comunidade galega e mesmo  do noroeste peninsular, xa que en España ata agora só existían 8 bancos máis e ningún estaba en Galicia. O seu custo total foi de 100.000 euros, boa parte deles achegados polo Sergas, e consta de toda a tecnoloxía e instalacións necesarias, con cámara de fluxo laminar, analizador de leite humano, conxeladores… O persoal que o atenderá realizou cursos específicos e estadías nos centros hospitalarios con máis experiencia neste ámbito para coñecer de preto o seu funcionamento.

Publicidade

O Banco de leite funcionará como un centro especializado, responsable da promoción e apoio á lactación materna, e da recolección, procesamiento, control de calidade e dispensación do leite de nai doada a calquera neno que a precise. Calcúlase que poderá beneficiar polo menos entre 150 e 200 bebés ao ano. Tanto a doazón como a dispensación son gratuítas. Este sistema permitirá dispoñer de leite humano en calquera momento e poder iniciar así a alimentación trófica a todos os nenos enfermos ou prematuros, á espera de que as súas nais lles poidan dar o seu propio leite. Ademais, asegúrase que tanto a extracción, procesamiento e almacenamento, xa sexa da propia nai ou de nais doantes, realícese de forma segura posto que se trata dun produto biolóxico e, do mesmo xeito que ocorre coa doazón de sangue, precisa dun manexo experto que garanta a súa seguridade e a preservación das súas propiedades nutricionais e inmunolóxicas.

Ata o de agora só existían outros 8 bancos de leite materno en España

As doantes contarán con asesoramento e o leite doado pasará por diversos controis. Unha vez aceptado, será etiquetado e almacenado a -20 graos ata a sua pasteurización, punto fundamental do procesamiento, porque con el se eliminan os axentes infecciosos potencialmente transmisibles. Tras pasar este proceso, o leite conxélase, pendente da súa dispensación, durante un máximo de tres meses.

Publicidade

A utilización do Banco de leite está indicado principalmente por necesidades nutricionais, como en bebés prematuros, a síndrome de malabsorción, erros no metabolismo, para recén nacidos en adopción ou VIH materno; tamén por necesidades terapéuticas, como diarrea intratable, déficit inmunolóxico ou transplante hepático; e preventivas, como enterocolitis necrotizante, alerxia a proteínas de leite de vaca, infeccións ou sepsis.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda que o leite humano sexa o alimento de elección durante os seis primeiros meses de vida dun bebé. Ademais, distintos estudos realizados nos últimos revelan que a lactación materna protexe fronte ás enfermidades infecciosas causadas por virus, bacterias e parasitos ata que o sistema inmune do neonato se desenvolve por completo. Por outra banda, demostrouse que é a achega nutritivo máis completo para un recentemente nado, é fácil de dixerir e produce menos ganancia de peso innecesaria. Tamén hai estudos que sinalan un efecto positivo da lactación materna na evolución cognitiva do neno. E en canto aos prematuros, está cientificamente probado que alimentalos con leite materno é mellor que facelo con fórmulas derivadas do leite de vaca e asóciase con maior supervivencia.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores galegos redefinen as pautas de extubación despois dunha operación por ictus

O estudo, coordinado polo IDIS e o CHUS, mostra que, contrario ao que se pensaba, adiantar o espertar do paciente non mellora a recuperación funcional

Que é a celeurida? A toxina que provocou unha alerta global por contaminar leite infantil de fórmula

A situación, con máis de 60 países implicados, causou a retirada masiva de produtos e suscitou unha gran preocupación entre os pais

A “síndrome posaborto”, un debate político sen evidencia científica

A proposta de Vox en Madrid pretende introducir un trastorno inexistente, xa que a literatura científica non recoñece ningunha patoloxía psicolóxica vinculada á interrupción do embarazo

A lactación materna protexe o bebé fronte á resistencia aos antibióticos

A alimentación co leite da nai favorece a proliferación de 'Bifidobacterium', un xénero de bacterias que desenvolve un papel clave no desenvolvemento saudable do intestino dos nenos