Primeiro caso de gripe porcina en humanos en Reino Unido: isto é o que sabemos

A infección pertence a unha subvariante distinta que os casos detectados anteriormente, pero os expertos agardan que non presente grandes diferenzas

Reino Unido comunicou o luns a detección do primeiro caso humano da cepa de gripe A (H1N2)v, coñecida como gripe porcina. A persoa infectada padecía unha “enfermidade leve” con “síntomas respiratorios” que xa se recuperou totalmente, segundo informa a Axencia de Seguridade Sanitaria de Reino Unido (UKHSA, polas súas siglas en inglés). Aínda que este virus xa contaxiou a persoas anteriormente causando unha pandemia en 2009, neste caso a infección pertence a outra subvariante, o clado 1b.1.1, mais agárdase que non presente grandes diferencias cas xa coñecidas previamente. Os expertos están investigando a procedencia da infección, así como a existencia de máis contaxios no país.

Segundo explica a Organización Mundial da Saúde (OMS), a gripe porcina é unha infección respiratoria aguda e moi contaxiosa dos porcos, causada por algún dos varios virus gripais do tipo A desa especie. A mortalidade é baixa, mais a morbilidade alta, e contáxiase entre os animais a través de aerosois, por contacto directo ou indirecto, e a través de porcos asintomáticos. A maior incidencia dos gromos é en outono e en inverno. Ocasionalmente informouse de gromos en persoas en contacto directo con porcos. Dende 2005 notificáronse 50 casos humanos da cepa en todo o mundo.

Publicidade

De momento, aínda non se determinou a fonte de infección do primeiro caso en Reino Unido. Meera Chand, directora de incidentes da UKHSA, apunta que “é grazas á vixilancia rutinaria da gripe e á secuenciación do xenoma que puidemos detectar este virus. É a primeira vez que detectamos este virus en humanos en Reino Unido, aínda que é moi similar aos virus que se detectaron en porcos”. Desta maneira, estase realizando o rastrexo de contactos, á vez que se toman medidas para aumentar a vixilancia e reducir calquera tipo de propagación.

A directora veterinaria de Reino Unido, Christine Middlemiss, apunta: “Estamos proporcionando coñecementos veterinarios e científicos especializados para apoiar a investigación de UKHSA. Os pastores de porcos deben informar inmediatamente de calquera sospeita de gripe porcina nos seus rabaños ao seu veterinario local”.

Publicidade

Síntomas

Segundo apunta a OMS, os síntomas clínicos son semellantes aos da gripe estacional. A infección pode provocar dende inflamación ocular ata unha enfermidade respiratoria aguda grave, mais as manifestacións clínicas varían moito. O virus pode provocar unha infeccióna sintomática, pero tamén unha neumonía grave que mata ao paciente. A maioría dos casos detectados en humanos foron mediante sistemas de vixilancia de gripe estacional, moitos deles asintomáticos ou leves que pasaron desapercibidos, por iso “descoñecése ata que punto está estendida a enfermidade no ser humano”. A gravidade da enfermidade depende do virus causante da infección. En “raras ocasións” notificáronse síntomas gastrointestinais e neurolóxicos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Aire acondicionado fronte ao cambio climático: indispensable ou incompatible?

A OMS presenta unha nova guía de plan de acción sobre saúde e calor na que recoñece os seus efectos negativos á vez que insiste na necesidade de acceso

Unha nova ferramenta de IA analiza a microbiota da poboación galega para anticipar enfermidades

Dous investigadores do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur crean un novo índice para identificar zonas de actuación prioritaria e apoiar a toma de decisións sanitarias

A Xunta activa o protocolo de actuación ante a posible chegada de po africano

As autoridades sanitarias recomendan reducir a actividade física no exterior e extremar as precaucións entre a poboación vulnerable

Graziella Almendral, presidenta dos xornalistas sanitarios en España: “A desinformación está gañando”

A farmacéutica Zendal organizou unha xornada no Porriño co gallo da Semana Mundial da Inmunización na que participou a profesional da información